Portosanto é un grupo galego de pop rock formado en 2026. A banda está integrada polos mesmos cinco membros que formaban Oh! Ayatollah.
Traxectoria A banda foi formada en 2026 polos mesmos cinco membros que integraban o grupo Oh! Ayatollah: Nuno García (voz e teclados), Xoel Xeada (guitarra e coros), Anaís Fernández (guitarra), André Real (baixo) e Simón Cuba (batería e coros). Despois dun par de anos de inactividade como grupo, os membros de Oh! Ayatollah decidiron dar por morto o proxecto e fundar unha nova banda co nome de Portosanto. En abril de 2026 publicaron o seu primeiro disco titulado Ten que haber un sitio para nós, un álbum con 10 temas, editado por Ernie Records e producido por Jacobo Naya.
Discografía Ten que haber un sitio para nós (2026).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Portosanto en GalicianTunes.
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais en galego