Juncus maritimus é unha especie de planta acuática pertencente á familia das xuncáceas que crece en zonas costeiras. Ás veces é considerado conespecífico con Juncus kraussii. Ten unha ampla distribución no Paleártico occidental (toda Europa, oeste de Asia e o Maghreb).Paul Adam
Segundo Edward Catich os antigos exipcios usábano para facer pinceis para escribir. miniatura|Ilustración miniatura|Detalle
Descrición
Planta con rizoma horizontal, groso. Talos xeralmente de ata 100 cm de lonxitude e de (1-) 1,5-2,5 mm de diámetro, rodeados na parte inferior por 2-5 vaíñas pardas, brillantes. Inflorescencia de 4-25 (-35) cm, multiflora, xeralmente laxa. Bráctea inferior de máis curta a máis longa que a inflorescencia, parecendo unha continuación do talo; pincha. Flores solitarias ou en fascículos de 2-3 (-5) flores cor palla ou verdes-amareladas. Tépalos desiguais, con marxe escarioso-hialino ancho; os externos de 3-3,6 (-4) mm, ovados, naviculares, agudos, curtamente mucronados; os internos máis curtos, obtusos. Androceo con (3-) 6 estames. Anteras de 0,8-1,5 mm, (1,5-) dúas veces máis longas que os filamentos. Cápsulas de 3-4 mm, trígono-ovoides, obtusas ou subagudas, mucronadas. Sementes de 0,7-1,2 mm, lonxitudinalmente estriadas. O número de cromosomas é 2n = 40, 48. Florece de xuño a agosto.Juncus maritimus en Flora Vascular
Taxonomía Juncus maritimus foli descrita por Jean-Baptiste Lamarck e publicada en Encyclopédie Méthodique, Botanique 3(1): 264. 1789. Etimoloxía Juncus: nome xenérico que deriva da palabra clásica latina jungere = , "para unir ou vincular", debido a que os talos se utilizan para unir ou entrelazar".En nomes botánicos
maritimus: epíteto latino que significa "próximo ao mar".En Epítetos Botánicos Sinonimia Juncus broteroi Steud. Juncus maritimus var. atlanticus J.W.White Juncus paui Sennen Juncus ponticus Steven Juncus pseudacutus Pau Juncus spinosus var. congestus (L.B.Hall) DruceJuncus maritimus en PlantList
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Juncus maritimus na Encyclopedia of Life
Categoría:Poales Categoría:Plantas descritas en 1789 Categoría:Taxons descritos por Jean-Baptiste Lamarck