Mingles foi un chocolate de menta fabricado por Bendicks e vendido no Reino Unido entre 2002 e 2011. Toda a produción deste chocolate dábase no Reino Unido, nunha fábrica en Winchester. En abril do 2009, August Storck (a empresa propietaria de Bendicks) confirmou que a fábrica pecharía a finais de xullo, reubicando a produción en Ohrdruf, a súa planta no leste de Alemaña Isto suporía a perda de máis de 80 postos de traballo aínda que contuniaría empregando a máis de 30 persoas en Winchester para servir de apoio á mercadotecnia e a venda das súas marcas no Reino Unido.

Tras o peche da planta, Bendicks descatalogou Mingles en xullo de 2011.

Variedades Había 5 variedades diferentes de Mingles, que se envasaron xuntas nunha caixa co sabor indicado por envoltorios de cor:

Vermello - Chocolates negro e branco marmolados con núcleo de trufa de menta suave. Amarelo - Leite sólido e chocolate branco cun toque de menta. Marrón - Chocolate negro cun núcleo de fondant de menta. Verde - Chocolate con leite con menta crocante. Azul - Chocolates branco e con leite marmolados con núclo de trufa escura de menta.

As variedades de Mingles foron cambiadas en Nadal de 2007, e pasaron a ser:

Vermello - Chocolate negro con menta crocante. Amarelo - Leite sólido e chocolate branco cun toque de menta. Marrón - Chocolate negro cun núcleo de fondant de menta. Verde - Chocolate con leite con menta crocante. Azul - Chocolate con leite cun núcleo de trufa escura de menta.

Tamén se podían mercar nunha caixa de cartón estándar ou nunha lata cilíndrica alta. Ámbolos dous envases eran verdes.

Notas

Categoría:Lambetadas