A princesa Eréndira foi unha integrante da nobreza purépecha que viviu entre 1503 e 1529, na época en que os españois chegaron a Michoacán.

Traxectoria Tiña 16 ou 17 anos cando os españois chegaron a México. Foi filla do cazonci purépecha, Tangáxoan Tzíntzicha, quen se rendeu ante os españois tras a caída do Imperio Azteca en 1521. O seu nome purépecha Erendirha quere dicir ‘mañá riseira’.

A biografía da princesa Eréndira e o seu papel como heroína aparece por primeira vez no libro de Eduardo Ruiz Michoacán, Paisajes, Tradiciones y Leyendas (1891), e está baseada supostamente nunha tradición michoacana. É posible que conteña pasaxes que non foron reais. De acordo con ela, Eréndira foi a líder da resistencia purépecha contra os españois.

Eréndira aparece no mural pintado por Juan O'Gorman na biblioteca pública Gertrudis Bocanegra de Pátzcuaro. O cineasta Juan Mora Catlett levou en 2007 esta historia á pantalla, no filme Erendira Ikikunari (a Indomable).Eréndira Ikikunari

Notas

Véxase tamén Outros artigos Salas, Elizabeth (1990). Soldaderas in the Mexican Military: Myth and History University of Texas Press (ISBN 0-292-77638-1) Ana Cristina Ramírez Barreto, Eréndira a caballo. Acoplamiento de cuerpos e historias en un relato de conquista y resistencia revista E-misférica, 2005.

Categoría:Pobo purépecha Categoría:Nados en 1503 Categoría:Finados en 1529 Categoría:Símbolos de México