Ramón Lourido Díaz, nado en San Clodio (Leiro) o 11 de agosto de 1928 e falecido en Madrid o 23 de xullo do 2009,Soto Pérez (1969), p. 492. foi un frade franciscano, profesor universitario e destacado historiador. Compaxinou as ocupacións misioneiras e pastorais, en Marrocos, coas de historiador e docente, chegando a ser un dos máis importantes especialistas na historia do Magreb do século XVIII e na das relacións internacionais entre Marrocos e España.

Traxectoria Comezou os seus estudos na escola de primeiras letras de San Clodio. En 1940 ingresou no convento de Santo Antonio de Herbón, onde vestiu o hábito en agosto de 1944. Completou a súa formación na carreira eclesiástica no convento de San Diego de Canedo e o convento de San Francisco do Val de Deus, profesando solemnemente en agosto de 1949 e ordenándose sacerdote en xuño de 1952. Ese mesmo ano foi destinado á Misión de Marrocos en Tánxer. Iniciou os estudos en lingua e literatura árabe en Rabat, primeiro nun colexio dos franciscanos franceses, na antiga “Source”, e logo no Institut des Hautes Études Marocaines, dependente da Universidade de Bordeos. Continuou eses estudos no Institut das Belles Lettres Arabes de Tunisia. Definitivamente, oficializou os seus estudos de árabe na Universidade de Granada, onde se licenciou en Historia do Mundo Árabe. Na Universidade de Granada foi profesor adxunto mentres preparaba a súa tese sobre o sultanato de Mohammed III de Marrocos, baixo a dirección do profesor Jacinto Boch Vila, doutorándose en 1969. De regreso a Marrocos, foi profesor de Historia na Universidade Mohammed V de Rabat, continuando coas súas investigacións sobre a historia marroquí.González Hidalgo, José L. e Moreta Lara Miguel A.(1999): “Un historiador en la Corte del Rey. Entrevista a D. Ramón Lourido Díaz”, en Aljamía, nº 11, 1999, pp. 9-27Amigo Valle, Francisco Fr. (2009): “Ramón Lourido Díaz (Necrológica” en Acta Ordinis Fratrum Minorum, Maii-Augusti 2009, p.313

Dentro da Misión de Marrocos, integrado na Custodia Franciscana e no Arcebispado de Tánxer, foi superior, conselleiro, párroco, Vicario de pastoral, Vicario Xeral e Administrador Apostólico sede vacante.

Pasou a súa xubilación literaria e cultural nunha casa da Orde Franciscana en Madrid, onde continuou investigando e editando, preferentemente na revista Archivo Ibero Americano, da que era redactor.

Obra Ramón Lourido Díaz está considerado un autor franciscano de primeira liña dentro do campo dos arabistas, como José María Lerchundi, Lucio María Núñez ou o Francisco Aldegunde. Dentro da súa abundante obra, centrada sobre todo na historia de Marrocos durante o século XVIII e nas relacións exteriores do Reino alauí, especialmente con España, destacan:

Marruecos en la segunda mitad del siglo XVIII (Madrid, 1978)

Marruecos y el mundo exterior en la segunda mitad del siglo XVIII (Madrid, 1989) El Cristianismo en el norte de África (Madrid, 1993)

Recoñecemento No ano 2011 homenaxeouse a figura do eminente humanista con actos en Tánxer, Tetuán e Madrid e coa publicación do libro Ramón Lourido y el estudio de las relaciones hispanomarroquíes, publicado pola Dirección de Relacións Culturais e Científicas da AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Soto Pérez, José L. (1969): Un Siglo de Historia Literaria (1862-1962). Imp. El Eco Franciscano. Santiago de Compostela. Fernández González, Frutos (2021): Historia de San Clodio. Ed. Andavira, Santiago de Compostela.

Ligazóns externas Bibliografía de libros e artigos de Ramón Lourido Díaz

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Franciscanos de España Categoría:Nados en 1928 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Finados en 2009 Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Profesores da Universidade Mohamed V de Rabat