Unha estación, posto ou punto de carga de bicicletas eléctricas é unha instalación pública ou privada deseñada para permitir aos usuarios recargar as baterías das súas bicicletas eléctricas. Estas estacións adoitan atoparse tanto en edificios particulares como en espazos urbanos, rutas ciclistas, parques, universidades, estacións de transporte ou áreas recreativas, e forman parte das infraestruturas destinadas a fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte.

Estas estacións sitúanse en lugares estratéxicos e están deseñadas para facilitar o acceso e previr actos vandálicos, incluíndo sistemas de seguridade que permiten ancorar a bicicleta durante o proceso de carga. Adoitan estar equipadas con puntos de conexión eléctrica compatibles con distintos modelos de bicicletas eléctricas. Poden incluír fontes de enerxía renovable, como paneis solares, ou estar asociadas a estacións de autorreparación de bicicletas. Nalgúns casos, incorporan tecnoloxías intelixentes que permiten controlar o tempo de uso, xestionar o consumo enerxético ou realizar pagamentos mediante aplicacións móbiles.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Estación de recarga

Categoría:Infraestrutura ciclista Categoría:Enerxías renovables