A estatua das dúas Marías é unha escultura creada polo escultor César Lombera, situada no parque da Alameda de Santiago de Compostela, inaugurada no ano 1994.

Descrición Realizada en bronce, consiste nunha reprodución realista e policromada de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart durante un dos seus famosos paseos, baseada na foto máis coñecida de ámbalas dúas irmás, con Maruxa á dereita, co brazo estendido, e Coralia sostendo un paraugas. A obra foi situada no paseo da Alameda nas proximidades da Porta Faxeira, lugar onde a día de hoxe permanece.

Cesar Lombera en distintas ocasións, aproveitando labores de restauración, foi cambiando as cores das vestimentas. As cores, son unha representación da forma de vestir das dúas irmás, que eran modistas, lucindo maquillaxe e roupa considerados extravagantes para a época.

A escultura é unha das máis coñecidas da cidade, tanto pola curiosidade que esperta entre os turistas como por servir de punto de encontro para os composteláns.

Historia

As Marías foron dúas irmás vítimas da represión franquista, que se fixeron moi populares en Santiago de Compostela polos seus paseos durante as décadas de 1950 ata finais de 1970 pola zona vella e mais polo coqueteo entre elas e os estudantes universitarios.

Co paso dos anos, a historia das dúas irmás foi caendo no esquecemento, ata que o veciño César Lombera conseguiu convencer en 1994 ó daquela alcalde Xerardo Estévez, logo de nove anos propoñéndollo ó Concello, para que instalase unha escultura na súa lembranza.

Galería de imaxes En distintas ocasións, aproveitando labores de restauración, as cores das vestimentas foron cambiando.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos As dúas Marías

Categoría:Estatuas Categoría:Santiago de Compostela