A estación de Viveiro-Apeadoiro é un apeadoiro ferroviario situado na vila de Viveiro, no concello de Viveiro. Forma parte da rede de vía estreita operada por Renfe a través da división comercial Renfe Proximidades AM. Dispón de servizos rexionais da liña R-1f entre Ferrol e Oviedo, así como servizos parciais entre Ferrol e Ribadeo denominados R1a.
Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 87,02 da liña férrea de ancho métrico que une Ferrol con Xixón a 33 metros de altitude. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia En 2003 construíuse este apeadoiro, máis próximo ao centro da vila ca a estación de Viveiro, no lugar de Ponte Labrada. O tramo de ferrocarril entre Viveiro e A Veiga entrara en servizo o 24 de xuño de 1968, partindo da estación de Viveiro. O Estado foi o encargado de realizar unhas obras que pretendían unir Ferrol con Xixón seguindo a costa cantábrica, algo que non sucedeu até o 6 de setembro de 1972. Culminaba desa forma un proxecto iniciado en 1886.
A xestión da estación e a explotación do servizo recaeron en mans de FEVE ata que en 2013 a explotación foi atribuída a Renfe Operadora e as instalacións a Adif.
Servizos ferroviarios Rexionais Os trens rexionais que unen Ferrol e Asturias teñen parada na estación. O traxecto é directo se se pretende viaxar a Oviedo, mais se o destino final é Xixón cómpre facer un transbordo en Pravia.
Notas
Viveiro Categoría:Viveiro