Pierre Rainssant, nado en Reims en 1640 e finado en Versalles o 6 de xuño de 1689, foi un médico, funcionario e erudito numismático francés, director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.
Traxectoria Pierre Rainssant naceu en 1640 en Reims, departamento de Marne, nunha familia vinculada á literatura, e na universidade desa cidade cursou estudos de Medicina."Rainssant, Pierre". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr)."Pierre Rainssant, commis à la garde du Cabinet des médailles du roi, 1683-1689". En Les intendants et gardes du Cabinet des médailles des origines à 1753. Biblioteca Nacional de Francia. 2007. Páxinas 6-7.
Ademais de exercer como médico, de 1683 a 1689, ocupou o cargo de secretario encargado da Biblioteca do Rei e do Gabinete de Medallas. En febreiro de 1684, o ministro de Luís XIV Louvois decidiu trasladar o Gabinete desde París ao Palacio de Versalles, e instruiu a Rainssant para que elaborase un inventario e preparase publicacións. Para este labor, o ministro asignoulle a axuda de varios eruditos, entre os que estaban Foy-Vaillant e François Le Blanc.
Tamén foi membro da Real Academia de Inscricións e Medallas desde 1682, logo coñecida como Academia de Inscricións e Belas Letras, do Instituto de Francia.
En 1687, escribiu unha obra na que explicaba as pinturas da Galería dos Espellos do Palacio de Versalles,Véxase "(1687)" en "Publicacións". xunto con gravados realizados por el mesmo."Pierre Rainssant". Artera.ae
O 6 de xuño de 1689, Pierre Rainssant finou afogado como consecuencia dunha caída nun estanque nos terreos do Palacio de Versalles, probablemente baixo a influencia do ópio que tomara para aliviar as dores que padecía.
Publicacións
(1668). Advis pour se preserver et pour se guerir de la Peste de cette année 1668. Multeau, Reims. (1684). Dissertation sur douze medailles des jeux seculaires de l'empereur Domitien. F. Muguet, Versalles. (1687). Explication des tableaux de la galerie de Versailles, et de ses deux sallons. F. Muguet, Versalles.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Sarmant, T. (1994). "Le Cabinet des médailles sous Gros de Boze (1719-1753)". En Le Cabinet des médailles de la Bibliothèque nationale, 1661-1848. École des chartes, París. Páxinas 91-126. ISBN 978-2-900791-09-7
Categoría:Nados en 1640 Categoría:Finados en 1689 Categoría:Nados en Reims Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Médicos de Francia Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Directores de museos Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia