Cheburashka (en , tamén transcrito ás veces como Cheburashca ou Tchebourachka, en algunhas traducións ao inglés tamén chamado Topple e Chebi) é un personaxe da literatura infantil rusa, creado por Eduard Uspensky e adaptado a varios filmes de animación entre os anos 60 e os anos 80 por Roman Katchanov.
Ás veces foi coñecido como o Mickey Mouse ruso, pola súa popularidade e parecido nas grandes orellas. Foi a mascota olímpica da delegación rusa en 2004, 2006, 2008, 2010 e 2018. O personaxe
Cheburashka é un ser peludo, de grandes orellas redondas e pequeno coma un neno de cinco anos. É descoñecido para a zooloxía, como se di na serie (motivo polo que lle negan a entrada ao zoo), e vive na selva tropical. Foi atopado nunha caixa de laranxas en Moscova, durmido logo de comer o seu contido. Non se especificaba nos filmes, pero o público ruso asumía que proviña do Levante español; en 2013 reforzouse esa ligazón ao ser homenaxeado no Festival de Cine de Animación de Barcelona, e aparecendo en merchandising de produtos andaluces e valencianos.
O personaxe non ten nome. O tendeiro que o atopou chamouno así a partir do verbo ruso antigo que significa "caer esparrado" ou "estomballado", xa que ao sacalo da caixa ou da gaiola pousou na mesa e as súas patas estaban adormecidas logo da longa viaxe e caeu ao chan.
Serie animada alt=Timbre soviétique de 4 kopecks de 1988 avec Tchebourachka et Crocodile Guenia traversant une rue|miniatura|Selo soviético de 4 kopeks de 1988. Cheburashka segue a Gena o crocodilo. Cheburashka é o protagonista dunha serie de filmes animados das décadas de 1960, 1970 e 1980, producidos por Soyuzmultfilm. Foron creados polo animador soviético Roman Kachanov, coa voz de Klara Rumyanova.
A serie consta de catro filmes: O crocodilo Gena (), baseado no libro O crocodilo Gena ou e os seus amigos (, 1969), Cheburashka (, 1971); Shapoklyak (, 1974); e Cheburashka vai á escola (, 1983). Música e outros personaxes O mellor amigo de Cheburashka é Gena (), que leva abrigo e sombreiro, fuma en pipa, camiña sobre as patas traseiras e't raballa de crocodilo' no zoo. Toca no acordeón cancións como A canción do crocodilo Gena (), tamén coñecida polo seu primeiro verso, , e O vagón azul (). Ambas forman parte da cultura popular rusa e existen versións en diferentes linguas, entre elas o chinés, o hebreo, o xaponés ou o sueco.miniatura|Esculturas dos personaxes principais en Ramenskoye, no óblast' de Moscova. Cheburashka e Gena ás veces enfróntanse a anciá chamada Shapoklyak (Шапокляк, polo tipo de chapéu que leva). Encantadora en aparencia, con sombreiro e vestido escuro, segue a premisa "Ninguén se fai famoso polas boas accións", o tema da súa canción. Pasa o tempo facendo bromas á xente, axudada pola ratiña domesticada Lariska.
Usos na cultura popular Cheburashka é un dos personaxes máis recoñecibles da animación rusa e soviética. Ademais da súa presenza en filmes, libros, xoguetes e produtos licenciados, converteuse en obxecto de numerosas brincadeiras, adiviñas e referencias populares.
Foi a mascota do equipo olímpico ruso nos Xogos Olímpicos de Verán de 2004 en Atenas, e bonecos coa súa imaxe circularon tamén nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 en Turín. miniatura|Vista frontal do Antonov An-72, evocando a Cheburashka A palabra Cheburashka úsase tamén de maneira figurada para designar obxectos que lembran o personaxe polo seu aspecto, especialmente polas súas grandes "orellas" ou formas arredondadas; por exemplo, o Antonov An-72, alcumado ás veces deste xeito pola disposición dos seus motores, ou unha pequena botella de limoada.
No século XXI o personaxe continuou presente en novas producións audiovisuais, libros infantís, xoguetes de peluche e outros produtos licenciados. A súa popularidade estendeuse tamén a varios países da antiga Unión Soviética e do Bloque do Leste. A súa fama tamén é notable no Xapón, onde foi protagonista de novas adaptacións e dunha ampla circulación de produtos relacionados co personaxe. A comezos da década de 2000, filmes de animación protagonizados por Cheburashka foron proxectados en cines xaponeses e atraeron uns 700.000 espectadores.
, Suecia Na década de 1970, producíronse en Suecia programas de televisión e radio, discos e revistas protagonizados por personaxes chamados Drutten e krokodilen. Estes personaxes estaban baseados en xoguetes de peluche de Cheburashka e Gena mercados durante unha viaxe á Unión Soviética. Porén, as historias suecas non tiñan continuidade directa cos contos nin cos filmes soviéticos.
Artigos de colección Os peluches de Cheburashka e outros artigos de colección do seu universo, producidos en Rusia e no Xapón, son buscados arredor do mundo, por exemplo o patinador artístico estadounidense Johnny Weir é coñecido por ser un ávido coleccionista destes artigos.
A película Ivan Maximov declarou nunha entrevista en 2004 que Pilot Studio comezara a traballar nunha película sobre Cheburashka, cuxo guión xa estaba escrito, pero que a rodaxe foi interrompida por falta de fondos.
En 2023 estreouse unha nova longametraxe titulada Cheburashka (), unha produción rusa de imaxe real con animación dixital. O filme obtivo unha recadación moi elevada en Rusia e converteuse nun dos maiores éxitos comerciais da historia recente do cinema ruso.
Controversia sobre os dereitos de autor Os dereitos de autor de Cheburashka e a súa imaxe foron obxecto de debate. En 1994, Uspensky rexistrou o nome e a imaxe do personaxe e comezou a vender os dereitos a numerosos países. O animador Leonid Schwarzman sostivo que el era o creador do aspecto visual do personaxe nas películas e que eses dereitos debían distinguirse dos dereitos literarios correspondentes a Uspensky.
En 2007, Schwarzman e o seu avogado perderon o caso e a súa reclamación de 4,7 millóns de rublos contra BRK Cosmetics e Uspensky foi desestimada. Schwarzman alegou que Uspensky vendera a imaxe de Cheburashka a BRK Cosmetics para usala en tubos de pasta de dentes. A defensa argumentou que o artista que deseñou o personaxe para os tubos de dentífricos nunca vira a versión animada da película e, a pesar de que o seu debuxo era unha copia exacta do personaxe da película, baseárao unicamente nos libros de Uspensky. A reclamación foi desestimada polos tribunais e o avogado Vladimir Entin suxeriu que o xurado fora subornado para chegar a tal veredicto, pero admitiu que non tiña probas diso. Как заработать на Чебурашке
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia do cinema de animación Rusia nos Xogos Olímpicos
Ligazóns externas Ficha do filme Cheburashka en IMDB Sitio dedicado a Cheburashka Galería de imaxes do Museo dos Debuxos Animados de Polonia
Categoría:Animación Categoría:Debuxos animados Categoría:Personaxes da literatura Categoría:Cinema de Rusia