A avoa e o amor (galego), A avó e o amor (portugués) é unha longametraxe de 2026 escrita e realizada por Raul Veiga, con Francisca Sobrinho, Tiago Araújo e Xosé Barato nos principais papeis.
A filmaxe tivo lugar, en portugués e galego, en Ponte de Lima e a súa contorna (a Casa de Vilar de Rei, onde se sitúa a localización principal do filme), con algunhas escenas na Galiza (Vigo).
É unha comedia dramática de 97 min de duración, ambientada no outono, á volta dos temas do amor, a identidade e a memoria, onde a relación entre a Galiza e Portugal e a preocupación pola lingua e a cultura galegas teñen un papel de relevo. Os títulos en inglés e español son Others will love what I loved e Otros amarán lo que yo amé. Está recomendada para maiores de 12 anos.
Sinopse O filme é protagonizado por dous irmáns, Mafalda e Diego, e o compañeiro daquela, Ricardo. Despois de moitos anos sen contacto coa avoa Pilar por discordias na familia, or irmáns reciben como herdanza a casa rural en que ela moraba no norte de Portugal, xuntamente cun desafío sorprendente. Na tentativa de responder a ese desafío, os irmáns múdanse para a casa e alí van encontrar o vínculo co legado da avoa, o que os obrigará a redescubrir quen eles son e o que queren facer co seu desexo, a súa vida e o seu futuro.
Equipo
Raúl Veiga: Director, guión Manuel Mexuto: Produtor Marta Lima: Dirección de produción Sara Marques: Xefatura de produción Juan Carlos Gómez: Dirección de fotografía Jorge Lourenço: Dirección de Arte Ana Isabel Nogueira: Gardarroupa Marta Ramalho: Caracterización Guillermo Represa, Pedro M. Afonso: Montaxe Marta Mota, Sérgio Silva: Son Paulo Pires: Música
Elenco
Francisca Sobrinho: Mafalda Tiago Araújo: Diego Xosé Barato: Ricardo António Capelo: Domingos Martíns João Cardoso: Paulo Conde María Barcala: Emilia Artur Trillo: Raúl Isabel Vallejo: Matilde, a nai Manu Fernández: Matías, o secretario Elena Seijo: Voz da avoa
Notas
Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de 2026 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua portuguesa