Esteban Batallán Cons, máis coñecido como Esteban Batallán, nado en Barro en 1983, é un músico e trompetista galego.
É membro do departamento de trompeta en DePaul University (Chicago) e profesor da Civic Orchestra, na mesma cidade.
Foi Medalla Castelao en 2026.
Traxectoria
Estudou no IES Valle Inclán de Pontevedra. Formouse musicalmente na Escola de Música de Barro, no Conservatorio de Música de Pontevedra, no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.
No 2000 xa era membro da Joven Orquesta Nacional de España. Foi trompeta principal na Hong Kong Philarmonic Orchestra durante a tempada 2018-19 e na Orquesta Ciudad de Granada de 2002 a 2018. En 2019 foi nomeado trompeta principal da Chicago Symphony Orchestra. Tamén foi trompeta principal convidada na Real Orquesta Sinfónica de Sevilla de 2010 a 2014 e na Orchestra del Teatro alla Scala e a Filarmonica della Scala en 2015 e 2018.
Ten colaborado coa Royal Concertgebouw de Ámsterdam, Philadelphia Orchestra, English Chamber Orchestra, Royal Philharmonic Orchestra, Gstaad Festival Orchestra, Basel Sinfonieorchester, Houston Symphony e Symphony Orchestra of India. Foi concertista coa Chicago Symphony Orchestra, Orchestre de chambre de Paris, Hong Kong Philarmonic Orchestra, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Sinfónica de Radio-Televisión Española, Real Filarmonía de Galicia, Joven Orquesta Nacional de España, Gstaad Festival Orchestra, Geneva Camerata, Symphony Orchestra of India, e coa Orquesta Sinfónica de Bilbao.
Foi profesor na Orquesta Ciudad de Granada e no Chicago College of Performing Arts de Roosevelt University desde 2020 até 2022. Foi profesor convidado na Colburn School, New England Conservatory, Conservatoire de París, Vanderbilt University, University of Illinois, Rice University, Curtis Institute of Music, Cleveland Institute of Music, University of Houston. Dirixiu ensembles de metal na Joven Orquesta Nacional de España, Joven Orquesta de Andalucía, National Youth Orchestra dos Estados Unidos, Hong Kong Academy for Performing Arts e Taipei Music.
Ten actuado baixo a dirección de Jaap van Zweden, Zubin Mehta, Bernard Haitink, Herbert Blomstedt, Michael Tilson Thomas, Christian Thielemann, Klaus Mäkelä, Jakub Hrusa, Paavo Järvi, Yannick Nézet-Séguin, Daniele Gatti, Vladimir Ashkenazy, Riccardo Chailly, Alan Gilbert, Fabio Luisi, Charles Dutoit, Lahav Shani e Giancarlo Guerrero.
Premios e recoñecementos
2001: Concurso “Juventudes Musicales de España” 2002: Concurso Nacional de Trompeta “Yamaha-Xeno” 2003: Concurso Europeo “Juventudes Musicales Internacional” 2003: Concurso Internacional Yamaha 2006: Concurso Internacional de Trompeta “Maurice André-Ville de París” 2026: Medalla Castelao
Notas
Categoría:Nados en Barro Categoría:Nados en 1983 Categoría:Medallas Castelao Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Trompetistas