Os tests de Coombs directo e indirecto ou probas de Coombs, tamén chamados test de antiglobulina (TAG ou AGT), son uns tipos de análises de sangue usados en inmunohematoloxía. O test de Coombs directo detecta anticorpos que están adheridos á superficie dos glóbulos vermellos do sangue. Como estes anticorpos ás veces destrúen os glóbulos vermellos, poden causar anemia e este test pode axudar a aclarar esta condición. O test de Coombs indirecto detecta anticorpos que están flotando libremente no sangue. Estes anticorpos poderían actuar contra os glóbulos vermellos; o test pode levarse a cabo para diagnosticar as reaccións a unha transfusión de sangue.

O test de Coombs directo utilízase para comprobar a anemia hemolítica autoinmune, unha condición na que o sistema inmunitario destrúe os glóbulos vermellos, orixinando anemia. Detecta anticorpos ou proteínas do sistema do complemento unidos á superficie dos glóbulos vermellos. Para realizar este test, tómase unha mostra de sangue e lávanse os glóbulos vermellos (é dicir, retírase o plasma do paciente e os anticorpos non unidos dos glóbulos vermellos) e despois incúbanse con globulina antihumana ("reactivo de Coombs"). Se entón os glóbulos vermellos se aglutinan, o test é positivo, unha indicación visual de que os anticorpos ou as proteínas do complemento están unidas á superficie dos glóbulos vermellos e poden estar causando a destrución de ditos glóbulos.

O test de Coombs indirecto utilízase nas probas prenatais de mulleres grávidas e nos tests previos ás transfusións de sangue. O test detecta anticorpos contra glóbulos vermellos alleos. Neste caso, extráese o soro sanguíneo dunha mostra de sangue tomada do paciente. O soro incúbase con glóbulos vermellos alleos de antixenicidade recoñecida. Finalmente, engádese globulina antihumana. Se se producde aglutinación, o test de Coombs indirecto é positivo.F. Rosen and R. Geha, Case Studies in Immunology, 4ª ed., Garland Science, p.173.

Mecanismo miniatura|350px|Esquema dos tests de Coombs directo e indirecto. Os dous tests de Coombs están baseados en anticorpos antihumanos que se unen a anticorpos humanos, normalmente IgG ou IgM. Estes anticorpos antihumanos prodúcenos células plasmáticas de animais non humanos despois de inmunizalos con plasma humano. Adicionalmente, estes anticorpos antihumanos tamén se unirá a anticorpos humanos que poden fixarse aos antíxenos na superficie dos glóbulos vermellos. Nas condicións apropiadas no tubo de ensaio, isto pode causar a aglutinación de glóbulos vermellos e permitir a visualización dos grumos resultantes de glóbulos vermellos. Se poden verse estes grumos, o test de Coombs é positivo; se non, é negativo.

Os usos clínicos comúns do test de Coombs inclúen a preparación do sangue para transfusión en probas de compatibilidade, anticorpos atípicos no plasma sanguíneo de mulleres grávidas como parte dos coidados prenatais, e a detección de anticorpos para a diagnose da anemia hemolítica inmunomediada.

Os tests de Coombs realízanse usando glóbulos vermellos ou soro (directo ou indirecto, respectivamente) de mostras de sangue venoso completo que se toman de pacientes por venopunción. O sangue venoso lévase a un laboratorio (ou banco de sangue), onde un equipo de técnicos científicos adestrados realizan o tests de Coombs. A importancia clínica do resultado é avaliado polo médico que pediu o test de Coombs ou polo hematólogo.

Test de Coombs directo O test de Coombs directo, tamén chamado test de antiglobulina directo, utilízase para detectar se anticorpos ou factores do sistema do complemento se uniron aos antíxenos de superficie dos glóbulos vermellos. O test de antiglobulina directo non é necesario para as probas pretransfusión, pero algúns laboratorios tamén o realizan. Antes da tansfusión, normalmente realízase un test de Coombs indirecto.

Usos 500px|miniatura|Algoritmo para as principais diagnoses nun test de Coombs directo.Image by Mikael Häggström, MD. Source for conditions: Citando: C Feldman & J O'Connor. O test de Coombs directo utilízase clinicamente cando se sospeita que hai unha anemia hemolítica inmunomediada (destrución dos glóbulos vermellos mediada por anticorpos). Un test de Coombs positivo indica que un proceso inmune está atacando os glóbulos vermellos do paciente. Este proceso pode ser a autoinmunidade, a aloinmunidade ou un proceso inmunomediado inducido por fármaco.

Exemplos de hemólise aloinmune Enfermidade hemolítica do neonato (tamén chamada eritroblastose fetal) Enfermidade hemolítica Rh D do neonato (tamén coñecida como enfermidade do Rh) Enfermidade hemolítica ABO do neonato (o test de Coombs directo pode dar un resultado só debilmente positivo) Enfermidade hemolítica anti-Kell do neonato Enfermidade hemolítica Rh c do neonato Enfermidade hemolítica Rh E do neonato Incompatibilidade doutros grupos sanguíneos (RhC, Rhe, Kidd, Duffy, Lewis, MN, P e outros) Reaccións á transfusión hemolíticas aloinmunes

Exemplos de hemólise autoinmune Anemia hemolítica autoinmune do anticorpo quente Idiopáticas Lupus eritematoso sistémico Síndrome de Evans (anticorpos antiplaquetas e anticorpos hemolíticos) Anemia inmunohemolítica de anticorpo frío Síndrome de hemaglutinina fría idiopática Macroglobulinemia de Waldenström Mononucleose infecciosa Hemoglobinuria fría parosísmica (rara)

Hemólise inmunomediada inducida por fármacos Metildopa (hipersensibilidade de tipo II mediada por IgG) Penicilina (a alta dose) Quinidina (activación mediada por IgM da vía clásica do complemento e complexo de ataque á membrana)

Laboratorio Os glóbulos vermellos do paciente lávanse para eliminar o soro sanguíneo do propio paciente e despois centrifúganse con globulina antihumana (tamén chamada reactivo de Coombs). Se se fixaron inmunoglobulinas ou factores do complemento á superficie dos glóbulo vermellos in vitro, a globulina antihumana aglutinará os glóbulos vermellos e o test de Coombs directo será positivo.

Test de Coombs indirecto O test de Coombs indirecto, tamén denominado test de antiglobulina indirecto, utilízase para detectar in vitro reaccións anticorpo-antíxeno. Utilízase para detectar concentracións moi baixas de anticorpos presentes no soro/plasma dun paciente antes dunha transfusión de sangue. En coidados prenatais, este test úsase para cribar mulleres grávidas buscando anticorpos que poidan causar a enfermidade hemolítica do neonato. Este test pode usarse tamén para facer probas de compatibilidade sanguínea, identificación de anticorpos, fenotipificación de glóbulos vermellos e estudos de titulación.

Usos

Preparación de transfusións de sangue O test de Coombs indirecto úsase para cribar buscando anticorpos na preparación do sangue para unha transfusión. O sangue do doante e do receptor deben ser compatibles para os grupos ABO e o Rh D. O sangue do doante para a transfusión tamén se criba buscando infeccións en procesos separados. Cribado de anticorpos Críbanse unha mostra de sangue do receptor e unha mostra de sangue de cada unidade de sangue do doante buscando anticorpos co test de Coombs indirecto. Cada mostra incúbase cun amplo rango de glóbulos vermellos que xuntos teñen un amplo rango de antíxenos de superficie (é dicir grupos sanguíneos). Compatibilidade (cross matching) O test de Coombs indirecto úsase para comprobar se nunha mostra do soro do receptor hai anticorpos contra unha mostra de glóbulos vermellos do sangue do doante. Isto chámase compatibilidade sanguínea ou cross matching do sangue.

Cribado de anticorpos prenatal O test de Coombs indirecto utilízase para cribar mulleres grávidas para comprobar se ten anticorpos IgG que é probable que pasen a través da placenta ao sangue fetal e causen a enfermidade hemolítica do neonato.

Método de laboratorio O test de antiglobulina indirecto realízase en dúas fases ou pasos.

Primeira fase Glóbulos vermellos con antíxenos coñecidos lavados que non son de pacientes incúbanse con soro do paciente que contén anticorpos descoñecidos. Se o soro contén anticorpos contra antíxenos da superficie dos glóbulos vermellos, os anticorpos uniranse á superficie dos glóbulos vermellos.

Segunda fase Os glóbulos vermellos lávanse tres ou catro veces con solución salina isotónica e despois incúbanse con globulina antihumana. Se os anticorpos se uniron aos antíxenos da superficie dos glóbulos vermellos na primeira fase, os glóbulos vermellos aglutinaranse cando se incuben coa globulina antihumana (tamén chamada reactivo de Coombs) nesta fase, e o test de Coombs indirecto será positivo.

Titulacións Diluíndo un soro que conteña anticorpos pode medirse a cantidade de anticorpo (titulación) que hai no soro. Isto faise realizando dilucións seriadas do soro e encontrando a dilución máxima do soro do test que pode producir a aglutinación de glóbulos vermellos relevantes.

Reactivo de Coombs O reactivo de Coombs (tamén chamado antiglobulina de Coombs ou globulina antihumana) úsase tanto no test de Coombs directo coma no indirecto. A súa produción implica inxectar globulinas humanas en animais, que despois producen anticorpos policlonais específicos para as inmunoglobulinas humanas e os factores do sistema do complemento humanos. Poden usarse reactivos de Coombs máis específicos ou anticorpos monoclonais.

Medio potenciador Tanto os anticorpos IgM coma os IgG únense fortemente aos seus antíxenos complementarios. Os anticorpos IgG son máis reactivos a 37 °C. Os IgM son doadamente detectados en solución salina a temperatura dunha habitación, xa que as IgM poden ao unirse crear pontes entre os glóbulos vermellos debido ao gran tamaño do anticorpo, creando a aglutinación que se observa. Os anticorpos IgG son máis pequenos e requiren axuda para crear esas pontes que unen os glóbulos vermellos o suficiente para crear unha aglutinación visualizable. Os reactivos utilizados para mellorar a detección de IgGs denomínanse potenciadores. Os glóbulos vermellos teñen unha carga negativa chamada potencial zeta que causa que se repelan de forma natural entre si. Os potenciadores reducen ese potencial das membranas dos glóbulos vermellos. Potenciadores comúns son as solucións de forza iónica baixa, a albumina, o polietilenglicol (PEG) e os encimas proteolíticos.

Historia O test de Coombs describiuse por primeira vez en 1945 polos inmunólogos de Cambridge Robin Coombs (do cal o test recibe o nome), Arthur Mourant e Rob Race. Historicamente, facíase en tubo de ensaio. Hoxe, normalmente fasie usando a tecnoloxía de fase sólida automatizada ou de xel.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Coombs' test- Medlineplus.org. Drugs that cause haemolytic anemia - Merck Manual.

Categoría:Transfusións de sangue Categoría:Probas inmunolóxicas Categoría:Análises de sangue Categoría:Hematoloxía Categoría:Medicina transfusional