A arxila de Kimmeridge é un conxunto de depósitos sedimentarios do Xurásico, que constitúen a unidade de rochas máis importante de Europa desde o punto de vista económico a ser a maior fonte de rochas utilizada na construción dos campos do mar do Norte para a extracción de hidrocarburos.

Localización

O nome deriva da vila de Kimmeridge, no condado de Dorset, Inglaterra. Poden atoparse ao longo de Inglaterra, nunha franxa que se estende desde Dorset en dirección nordeste até Anglia Oriental e Yorkshire Norte. Dorset é o lugar onde esta arxila é máis coñecida, debido a que os seus depósitos alí forman parte da Costa Xurásica, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Arxila Kimmeridge Kimmeridxiano

Categoría:Xeografía do Reino Unido

Categoría:Materiais cerámicos Categoría:Materiais naturais Categoría:Materiais de construción