O Consello Internacional de Enfermaría (en , ICN) é unha federación que agrupa 141 asociacións nacionais de enfermaría de todo o mundo. Fundado en 1899, foi a primeira organización internacional creada para representar os profesionais da saúde. A súa sede atópase en Xenebra, en Suíza, e a súa misión é promover o desenvolvemento da profesión enfermeira, impulsar a excelencia nos coidados e contribuír á mellora das políticas de saúde a nivel internacional.
Historia e organización O Consello Internacional de Enfermaría (ICN) foi proposto en 1899 durante o congreso do Consello Internacional de Mulleres, por iniciativa da enfermeira británica Ethel Gordon Bedford Fenwick, coa finalidade de crear unha rede internacional de asociacións nacionais de enfermaría. O seu obxectivo era promover a mellora da formación das enfermeiras, impulsar elevados estándares éticos na práctica profesional e favorecer a cooperación internacional en beneficio da saúde pública.
Ese mesmo ano constituíuse un comité provisional integrado por representantes do Reino Unido, os Estados Unidos, o Canadá, Nova Zelandia, Australia, Suráfrica, os Países Baixos e Dinamarca. En 1900 aprobouse a primeira constitución da organización e elixiuse a súa primeira xunta directiva, presidida por Ethel Gordon Bedford Fenwick.
Durante o I Congreso Internacional de Enfermaría, celebrado en 1901 na Exposición Panamericana de Buffalo (Estados Unidos), o ICN aprobou unha resolución a prol do rexistro oficial das enfermeiras, unha medida que contribuíu á profesionalización da enfermaría en numerosos países. O II Congreso Internacional de Enfermaría tivo lugar en Berlín en 1904, cando xa existían asociacións nacionais afiliadas procedentes do Reino Unido, os Estados Unidos e Alemaña.
Entre as figuras máis relevantes da historia da organización destaca Daisy Bridges, que desempeñou o cargo de secretaria xeral ata a súa xubilación en 1961. Posteriormente publicou A History of the International Council of Nurses 1899–1964: The First 65 Years (1967), unha das principais obras sobre a historia do ICN.
Gobernanza O Consello Internacional de Enfermaría está gobernado polo Consello de Representantes Nacionais (Council of National Representatives, CNR), órgano supremo de decisión da organización. Está integrado por un representante de cada unha das asociacións nacionais membros e é responsable de definir as políticas xerais do ICN, admitir novos membros, elixir a xunta directiva e aprobar os aspectos organizativos e financeiros da institución. O CNR se reúne ordinariamente cada dous anos.
A aplicación e a dirección da actividade do ICN recaen nunha xunta directiva integrada por doce membros: a presidencia, tres vicepresidencias e oito vogais elixidos segundo criterios de representación xeográfica. Os membros da xunta exercen mandatos de catro anos e poden ser reelixidos unha única vez de forma consecutiva. A xunta se reúne ao menos unha vez ao ano, aínda que xeralmente se celebran catro reunións anuais.
A presidencia e as tres vicepresidencias constitúen o comité executivo da organización, encargado de coordinar a actividade da xunta directiva e supervisar a planificación estratéxica e financeira. A persoa que ocupa a presidencia é elixida polo Consello de Representantes Nacionais para un mandato de catro anos non reelexible.
A xestión diaria do ICN corresponde ao director executivo (Chief Executive Officer, CEO), que desenvolve as súas funcións en estreita colaboración coa presidencia. Entre as persoas que ocuparon este cargo figuran Daisy Bridges, Christiane Reimann, Judith Oulton e David Benton. Na actualidade, o director executivo é Howard Catton.
Conferencias e proxectos O Consello Internacional de Enfermaría organiza un Congreso Internacional cada dous anos, coincidindo coa reunión do Consello de Representantes Nacionais (CNR). Este encontro reúne profesionais da enfermaría de todo o mundo e constitúe un foro para o intercambio de coñecementos, experiencias e avances na profesión. O programa inclúe obradoiros sobre práctica clínica, presentacións de comunicacións científicas e pósteres, conferencias, mesas redondas e sesións plenarias dedicadas a cuestións de interese para a enfermaría.
Congresos ICN:
1º Congreso: 1901, Búfalo, Estados Unidos 2º Congreso: 1904, Berlín, Alemaña (Conferencia Provisional, 1907, París, Francia) 3º Congreso 1909, Londres, Reino Unido 4º Congreso 1912, Colonia, Alemaña 5º Congreso 1925, Helsinqui, Finlandia 6º Congreso 1929, Montreal, Canadá 7º Congreso 1933, París/Bruxelas, Francia/Bélxica 8º Congreso 1937, Londres, Reino Unido 9º Congreso 1947, Atlanta City, EE.UU (Conferencia do 50º aniversario 1949, Estocolmo, Suecia) 10º Congreso 1953, Río de Xaneiro, Brasil 11º Congreso 1957, Roma, Italia 12º Congreso 1961, Melbourne, Australia 13º Congreso 1965, Frankfurt, Alemaña 14º Congreso 1969, Montreal, Canadá 15º Congreso 1973, Cidade de México, México 16º Congreso 1977, Tokio, Xapón 17º Congreso 1982, Os Ánxeles, Estados Unidos 18º Congreso 1985, Tel Aviv, Israel 19º Congreso 1989, Seúl, Corea 20º Congreso 1993, Madrid, España 21º Congreso 1997, Vancouver, Canadá (Conferencia do centenario do ICN, 1999, Londres, Reino Unido) 22º Congreso 2001, Copenhague, Dinamarca (1º Conferencia do ICN, 2003, Xenebra, Suíza) 23º Congreso, 2005, Taipei, Taiwan (2º Conferencia do ICN, 2007, Yokohama, Xapón) 24º Congreso 2009, Durban, Suráfrica (3º Conferencia do ICN 2011, A Valeta, Malta) 25º Congreso 2013, Melbourne, Australia (4º Conferencia 2015, Seúl, República de Corea) 26º Congreso 2017, Barcelona, España 27º Congreso 2019, Singapur 28º Congreso 2021, Virtual (orixinalmente en Abu Dhabi, EAU) 29º Congreso 2023, Montreal, Canadá 30º Congreso 2025, Helsinqui, Finlandia 31º Congreso 2027, Taipei
Ademais do seu congreso bienal, o Consello Internacional de Enfermaría organiza conferencias e reunións científicas dedicadas a cuestións de actualidade relacionadas coa profesión enfermeira. Entre os temas abordados atópanse a regulación do exercicio profesional, o liderado en enfermaría, o desenvolvemento da práctica avanzada, as condicións laborais e o benestar socioeconómico dos profesionais, así como outros aspectos relacionados coas políticas sanitarias.
O ICN promove tamén o Día Internacional da Enfermaría, celebrado cada 12 de maio en conmemoración do nacemento de Florence Nightingale. Con motivo desta efeméride publica anualmente un informe e diversos materiais destinados a poñer en valor a contribución da enfermaría aos sistemas de saúde e á sociedade.
A revista oficial do ICN é International Nursing Review (INR), unha publicación científica revisada por pares especializada en políticas de enfermaría, políticas de saúde e investigación relacionada coa profesión. Fundada en 1953, distribúese internacionalmente e publícase en inglés, con traducións a outros idiomas, entre eles o castelán e o chinés. En 2016, foi incorporada ao Nursing Journal Hall of Fame da International Academy of Nursing Editors (INANE) en recoñecemento á súa contribución á literatura científica da enfermaría.
Presidentes do ICN miniatura|José Luis Cobos Serrano País representado entre paréntese.
1899 - 1904 Ethel Bedford Fenwick (Reino Unido) 1904 - 1909 Susan McGahey (Australia) 1909 - 1912 Agnes Karll (Alemaña) 1912 - 1915 Annie Warburton Goodrich (Estados Unidos) 1915 - 1922 Henny Tscherning (Dinamarca) 1922 - 1925 Sophie Mannerheim (Finlandia) 1925 - 1929 Nina Gage (China) 1929 - 1933 Leonie Chaptal (Francia) 1933 - 1937 Alicia Still (Reino Unido) 1937 - 1947 Effie J. Taylor (Estados Unidos) 1947 - 1953 Gerda Höjer (Suecia) 1953 - 1957 Marie Bihet (Bélxica) 1957 - 1961 Agnes Ohlson (Estados Unidos) 1961 - 1965 Alice Clamageran (Francia) 1965 - 1969 Alice Girard (Canadá) 1969 - 1973 Margarethe Kruse (Dinamarca) 1973 - 1977 Dorothy Cornelius (Estados Unidos) 1977 - 1981 Olive Anstey (Australia) 1981 - 1985 Eunice Muringo Kiereini (Kenya) 1985 - 1989 Nelly Garzón Alarcón (Colombia) 1989 - 1993 Mo-Im Kim (Corea do Sur) 1993 - 1997 Margretta Styles (Estados Unidos) 1997 - 2001 Kirsten Stallknecht (Dinamarca) 2001 - 2005 Christine Hancock (Reino Unido) 2005 - 2009 Hiroko Minami (Xapón) 2009 - 2013 Rosemary Bryant (Australia) 2013 - 2017 Judith Shamian (Canadá) 2017 - 2021 Annette Kennedy (Irlanda) 2021 - 2025 Pamela Cipriano (Estados Unidos) 2025 - 2029 José Luos Cobos Serrano
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Enfermaría Categoría:Internacionais