Os awīlū (singular awīlum) eran unha das tres clases nas que se dividía a sociedade das antigas Esnunna e Babilonia, segundo as interpretacións derivadas do estudo das Leis de Esnunna e o Código de Hammurabi. As outras dúas clases eran os wārdū (escravos) e os muškēnū (un grupo social intermedio de características exactas moi debatidas).

Awīlum significa literalmente home libre. Os awīlū serían persoas libres que gozaban de todos os dereitos como cidadáns. Eran probablemente o grupo social máis heteroxéneo, comprendendo unha ampla variedade de sectores sociais, dende gobernadores, funcionarios, escribas e sacerdotes até comerciantes, soldados e labregos.

Notas

Categoría:Clases sociais Categoría:Babilonia Categoría:Mesopotamia