miniatura|Ilustración o libro de O. Hertwig Lehrbuch der Entwicklungsgeschichte des Menschen und der Wirbeltiere (Manual da historia do desenvolvemento dos humanos e os vertebrados), 1906.

Oscar Hertwig, nado o 21 de abril de 1849, finado o 25 de outubro de 1922, foi un embriólogo e zoólogo alemán coñecido polas súas investigacións en bioloxía do desenvolvemento e evolución. Hertwig considérase a primeira persoa que observou a reprodución sexual a nivel celular, ao ollar células de ourizo de mar ao microscopio."Oscar Hertwig, the First Man to Observe Sexual Reproduction". Consultado o 12 e febreiro de 2021.

Biografía Hertwig era o irmán máis vello do profesor de zooloxía Richard Hertwig (1850–1937). Os irmáns Hertwig foron os alumnos máis eminentes de Ernst Haeckel (e Carl Gegenbaur) na Universidade de Jena. Eran independentes das especulacións filosóficas de Haeckel, pero tomaron as súas ideas positivamente para ampliar conceptos de zooloxía. Inicialmente, entre 1879 e 1883, realizaron estudos embriolóxicos, especialmente sobre a teoría do celoma (1881), a cavidade corporal chea de líquido da maioría dos seres vivos. Estes problemas estaban baseados nos teoremas filoxenéticos de Haeckel, é dicir, a teoría bioxénica (en alemán biogenetisches Grundgesetz), e na "teoría da gastrea".

Nun período de 10 anos, os dous irmáns trasladáronse a vivir separados no norte e sur de Alemaña. Oscar Hertwig posteriormente foi profesor de anatomía en 1888 en Berlín; porén, Richard Hertwig trasladárase 3 anos antes, para traballar como profesor de zooloxía en Múnic desde 1885 a 1925, na Ludwig-Maximilians-Universität München (LMU), onde exerceu os últimos 40 anos dos seus 50 anos de carreira como profesor en catro universidades.

Hertwig era un investigador destacado no campo da historia do desenvolvemento animal comparativo e causal. Tamén escribiu un influínte libro de texto. Ao estudar os ourizos de mar probou que a fecundación se producía debido á fusión dun espermatozoide e unha célula ovo. Recoñeceu o papel do núcleo celular na redución cromosómica e a herdanza durante a meiose: en 1876, publicou os seus descubrimentos de que a fecundación inclúe a penetración dun espematozoide nunha célula ovo. Hermann Fol tamén observou isto ese mesmo ano. Os experimentos de Hertwig con ovos de ra revelaron a "regra do eixe longo" ou regra de Hertwig. De acordo con esta regra, a célula divídese ao longo do seu eixe longo.

En 1885 Hertwig escribiu que a nucleína (despois chamada ácido desoxirribonucleico) é a substancia responsable non só da fecundación senón tamén da transmisión das características hereditarias. Esta suxestión inicial demostrouse qu era correcta moito máis tarde, en 1944, no experimento de Avery, MacLeod e McCarty, que mostrou que ese era o papel do ADN.

Aínda que Hertwig estaba interesado na bioloxía do desenvolvemento e evolución, opoñíase ao azar como se aceptaba na teoría de Charles Darwin. O seu libro teórico máis importante foi "Das Werden der Organismen, eine Widerlegung der Darwinschen Zufallslehre" (Jena, 1916) ("A orixe dos organismos, unha refutación da teoría do azar de Darwin").

Elixírono membro da Real Academia de Ciencias Sueca en 1903.

En 1905, Hertwig foi nomeado membro honorario da Asociación Americana de Anatomía.

Obras Die Elemente der Entwicklungslehre des Menschen und der Wirbeltiere : Anleitung und Repetitorium für Studierende und Ärzte. Fischer, Jena 5ª ed. 1915 edición dixital da Universidade e Bibliotca do Estado de Düsseldorf Das Problem der Befruchtung und der Isotropie des Eies. Eine Theorie der Vererbung. Jenaische Zeitschrift fur Naturwissenschaft 18, 276–318.

Notas

Véxas tamén Ouros artigos Epixenética Evolución

Bibliografía

Cremer, T. 1985. Von der Zellenlehre zur Chromosomentheorie. Springer Vlg., Heidelberg. Este libro en alemán pode descargarse aquí . Krafft, F., and A. Meyer-Abich (ed.). 1970. Große Naturwissenschaftler – Biographisches Lexikon. Fischer Bücherei GmbH, Frankfurt a. M. & Hamburg. Mol. Cell. Biol.-lecture, Heidelberg, D.-H. Lankenau. Early to recent key-discoveries: From Germline Theory to Modern Gene Modification. Weindling, Paul. 1991. Darwinism and Social Darwinism in Imperial Germany: The Contribution of the Cell Biologist Oscar Hertwig (1849–1922). Forschungen zur Medizin- und Biologiegeschichte vol. 3, (Stuttgart: G. Fischer in association with Akademie der Wissenschaften und der Literatur Mainz, 1991).

Ligazóns externas

Os primeiro s capítulos do libro de O. Hertwig Lehrbuch der Entwicklungsgeschichte des Menschen und der Wirbeltiere (1906) están dispoñibles en liña aquí

Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Evolución non darwinista Categoría:Embrioloxía