miniatura|Ídolo cilíndrico oculado en alabastro. Altura: 19 cm; diámetro máximo: 7 cm; diámetro base: 5 cm. Probablemente proceda do sur do val do Guadalquivir. Museo Arqueolóxico Nacional de España, Madrid. Un ídolo oculado é un tipo de ídolo con trazos antropomorfos moi esquemáticos, e que se caracteriza sobre todo pola presenza de ollos. Trátase de manifestacións simbólicas propias das comunidades agrícolas e gandeiras da metade meridional da Península Ibérica prehistórica durante o neolítico e o calcolítico. A decoración oculada plásmase sobre diversos materiais, entre os que salientan, en territorio valenciano, os ósos longos.
Achados Atopáronse en terras valencianas máis de 80 ídolos oculados sobre ósos longos, trinta e tres dos cales están expostos no Museo de Prehistoria de Valencia. A maioría atopáronse en contextos funerarios, formando parte dos envovales de sepulturas colectivas. Proceden de 17 sitios arqueolóxicos situados entre o río Xúcar e o norte da provincia de Alacant, entre os que salientan:
Ereta del Pedregal (Navarrés) Cueva de la Pastora (Alcoi)
Na metade meridional do resto da península tamén se documentan ídolos oculados sobre numerosos soportes:
Soporte óseo: dispersos en diferentes zonas do sueste. Sobre cilindros de pedra e placas de lousa (suroeste meridional): o exemplo máis coñecido é o ídolo de Estremadura. Decoración en cerámicas. Tamén atopamos representacións de oculados na pintura rupestre esquemática.
Tamén atopamos representacións de temática oculada en diversas rexións do Mediterráneo, dende finais do V milenio e durante o IV milenio a. C. A decoración oculada sobre ósos longos documéntase especialmente en Oriente Próximo e no sueste de Europa.
Interpretacións Interpretáronse os oculados de diversas formas. Por unha banda, unha hipótese, maioritaria, considera os oculados como representacións de carácter simbólico-relixioso de divindades, concretamente trataríase dunha nai de orixe neolítica. O feito de que se atoparon en tumbas indicaría, ademais, un carácter de divindade funeraria, protectora das sepulturas.
Por outra banda, hai quen ve unha representación simbólica das persoas presentes nas sepulturas nas que se atoparon. Os oculados cumprirían unha función heráldica, representando a filiación xenealóxica e a liñaxe de individuos da elite.
Notas
Categoría:Arte prehistórica