Maurice H. Rosen, nado o 14 de outubro de 1946, é un numismático estadounidense.
Traxectoria
Maurice H. Rosen cursou estudos financeiros na Baruch School, da Universidade da Cidade de Nova York, onde en 1970 acadou un mestrado en Finanzas e Investimentos."COINage Confidential: Maurice Rosen". En COINage (coinagemag.com). 1 de outubro de 2019.
Inicialmente traballou como analista de seguridade, e a partir de 1968 comezou a dedicarse profesionalmente á consultoría e a xestión de investimentos en valores numismáticos. Nos inicios da década de 1970 foi empregado da empresa First Coinvesters, Inc., e en 1976 constituíu en Plainview, Nova York, a Numismatic Counseling Inc.,Smith, P. (2025). unha compañía especializada na adquisición e xestión de carteiras de investimento en moedas raras e metais preciosos."Maurice Rosen". Pocketmags.com
Tamén traballou a tempo parcial, entre 1987 e 1990, como cualificador de moedas na compañía certificadora Numismatic Guaranty Corporation (NGC).
Rosen é coñecido sobre todo por ser o creador en 1976 e editor de Rosen Numismatic Advisory (RNA), un boletín que ofrece análises exhaustivas e comentarios de mercado.The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2025. Páxina 117. Esta publicación recibiu numerosos premios do Numismatic Literary Guild, un gremio literario en cuxa dirección ingresou en 2012 co cargo de tesoureiro. En 1993, Rosen ingresou tamén no Professional Numismatists Guild. No ámbito do coleccionismo, foi tamén un dos fundadores do Liberty Seated Collectors Club (LSCC).
Recoñecementos Entre os recoñecementos acadados por Maurice Rosen, destacan os seguintes pola súa relevancia:
2009: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org). 2025: Ingreso na listaxe das 100 persoas máis influentes en numismática, da revista Coin World.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Smith, P. (2025). "Rosen, Maurice H.". En American Numismatic Biographies. Páxina 369.
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Editores Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Personalidades sen imaxes