Kay Lenker, nada en Filadelfia, Pensilvania, o 29 de novembro de 1922 e finada o 12 de febreiro de 2023, foi unha meteoróloga e numismática estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Kay Lenker naceu en 1922 en Filadelfia, Pensilvania, filla de Catharine R. (1898-1989) e de Albin J. Fean, carteiro de profesión.Smith, P. (2022).

Cursou os seus estudos superiores na Universidade Immaculata, de East Whiteland, Pensilvania, onde se licenciou en 1944, e logo acadou o seu mestrado na Universidade Estatal de San Diego en 1976.Smith, P. (2025).

Traxectoria profesional En 1945 logrou no MIT a súa certificación como meteoróloga, e serviu como tal na Armada dos Estados Unidos ata 1954, cando se retirou do servizo activo co rango de capitá.

Logo traballou na Oficina Meteorolóxica dos Estados Unidos de 1955 a 1958 e no Instituto Scripps de Oceanografía entre 1958 e 1978. A partir dese momento continuou a traballar como meteoróloga consultora de 1978 a 1981.

Dedicación á numismática Paralelamente ao seu labor profesional, Kay Lenker desenvolveu o seu interese polo coleccionismo de moedas a partir de 1955, especialmente polas emisións do Xapón, onde residiu entre 1962 e 1965 polo destino profesional do seu marido.

Recibiu varios premios pola súa participación en exposicións e convencións celebradas no sur de California, e en 1961 ingresou na American Numismatic Association (ANA), na que tivo unha participación moi activa o resto da súa vida e en cuxo consello de goberno participou entre 1995 e 2003.

Ademais da ANA, entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas formou parte do órgano de goberno da Sociedade Numismática de San Diego e do Consello Numismático Interclub do Condado de San Diego —Coinarama—, e pertenceu tamén á Asociación Numismática do Sur de California, á Asociación Numismática do Estado de California, á Sociedade Internacional de Diñeiro Primitivo e ao Gremio Numismático Literario, unha entidade que a premiou pola calidade dos seus artigos en diferentes revistas especializadas en numismática.

Vida persoal O 1 de setembro de 1961 contraeu matrimonio con Stuart T. Edgerton —finado en 1978— e logo casou en segundas nupcias con John E. Lenker en 1980 —finado en 1993—.

O seu nome orixinal era Catherine R. Fean, e en función da data dos seus escritos asinou con este apelido ou ben cos de cada un dos seus maridos, ou mesmo cunha combinación de ambos, unhas veces co nome de Catherine ou, na maior parte dos casos, co hipocorístico Kay."What's Her Name?". En Smith, P. (2022).

Kay Lenker finou o 12 de febreiro de 2023 aos cen anos de idade, por causa dunha pneumonía.Berger, K. (2023).

Recoñecementos Entre os recoñecementos acadados por Kay Lenker, destacan os seguintes pola súa relevancia:

2003 e 2016: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org).

2011: Premio Clemy, do Numismatists Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).Gilkes, P. (2011). "Kay Edgerton Lenker wins NLG Clemy". En Coin World. 31 de agosto. 2022: Premio Elvira Clain-Stefanelli Memorial, da ANA."ANA Members Recognized for Accomplishments During World's Fair of Money". Greysheet.com

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Berger, K. (2023). "Kay Edgerton Lenker (1922-2023)". En The E-Sylum. Vol. 26. Nº 8. Smith, P. (2022). "Happy 100th birthday, Kay Lenker!". En The E-Sylum. Vol. 25. Nº 49. Smith, P. (2025). "Lenker, Kay Edgerton [Catherine F.] ". En American Numismatic Biographies. Páxina 447.

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade Immaculata Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Diego Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Centenarios Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Personalidades sen imaxes