Diane A. Piret, nada en Staten Island, Nova York, o 29 de maio de 1947 e finada en Belle Chasse, Luisiana, o 15 de abril de 2015, foi unha numismática estadounidense.
Traxectoria Diane A. Piret naceu en 1947 en Staten Island, Nova York."Diane A Gould Piret". Findagrave.com"Celebration of Diane Piret’s Life". American Numismatic Association (money.org). Cursou estudos superiores no Hunter College da Universidade da Cidade de Nova York,"Diane Piret Obituary". En New Orleans Advocate. 18 de abril de 2015. onde se graduou en 1969Smith, P. (2025). en Administración de Empresas."Hobby Loses One of Its Finest: Diane A. Piret". En Coin Week. 16 de abril de 2015.
A súa traxectoria profesional transcorreu entre Nova York e Nova Orleáns, a onde se trasladou a mediados da década de 1980, cando ela e o seu home foron contratados para xestionaren un negocio de metais preciosos.Gilkes, P. (2015). "Hobby stalwart Diane Piret dies at age 67". En Coin World. 20 de abril.
Durante cinco décadas estivo dedicada ao comercio numismático, inicialmente desde o punto de vista puramente comercial e logo fomentando a protección da normativa reguladora deste sector e loitando contra a fraude. Traballou para a compañía de investimento en moedas raras e metais preciosos Manfra, Tordella & Brookes desde mediados da década de 1970 ata mediados dos anos 80, e logo, entre 1989 e a súa xubilación en 2015 exerceu como directora de asuntos industriais do Consello da Industria para os Activos Tanxibles (ICTA).Pearl, S. (2015).
Falecemento Diane A. Piret finou o 15 de abril de 2015 aos 67 anos, na súa casa en Belle Chasse, Luisiana, como consecuencia do cancro de colon que padecía desde cinco anos antes.
Recoñecementos Entre os recoñecementos acadados por Diane A. Piret, destacan os seguintes pola súa relevancia:
2002: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 2005: Medalla ao Mérito da ANA. 2009: Premio á Traxectoria da ANA."David Lange, Diane Piret to Receive Lifetime Achievement Awards". American Numismatic Association (money.org). 2014: Premio Elvira Clain-Stefanelli Memorial, da ANA."ANA Members Recognized for Accomplishments During World's Fair of Money". Greysheet.com"ANA's award honoring women in the hobby goes to Diane Piret". En Coin World. 29 de xullo de 2014."American Numismatic Association Announces 2014 Honorees". En Coin Week. 29 de xullo de 2014. 2014: Premio á Traxectoria do Professional Numismatists Guild."PNG 2014 Award Winners Announced". En Coin News. 8 de agosto de 2014.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
"Diane Piret Obituary". En New Orleans Advocate. 18 de abril de 2015. Pearl, S. (2015). "Diane Piret, 1947-2015". En The E-Sylum. Vol. 18. Nº 20. Smith, P. (2025). "Piret, Diane A. (Gould)". En American Numismatic Biographies. Páxina 343.
Ligazóns externas
Diane Piret: A Celebration of Her Life. Coin Keek
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Staten Island Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade da Cidade de Nova York Categoría:Finados por cancro colorrectal Categoría:Personalidades sen imaxes