William T. Gibbs, nado en Sandusky, Ohio, o 1 de xaneiro de 1954 e finado en Troy, Ohio, o 9 de xuño de 2026, foi un autor e editor numismático estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Nado en 1954 en Sandusky, Ohio, William era o máis vello dos tres fillos de Mary Grantham e de William D. Giggs, de Castalia, Ohio.
Cursou os seus estudos superiores na Universidade Estatal de Bowling Green,Smith, P. (2025). onde en 1976 se licenciou en Xornalismo.Gilkes, P. (2026-b-).
Dedicación á numismática Logo do seu período formativo, a partir de outubro do propio 1976 comezou a traballar na editora Amos Media para a revista numismática Coin World —da que era subscritor desde 1969—, en condición de editor asistente de Thomas K. DeLorey ata 1978. A partir dese momento pasou a exercer como redactor (1978-1985), redactor principal (1985-1986), editor de noticias (1986-2015) e editor xefe, como sucesor de Steven Roach, desde 2015 ata a súa xubilación o 12 de decembro de 2023.
Na mesma compañía foi ademais coeditor das edicións cuarta e quinta do Coin World Almanac, e encargouse tamén, entre outros traballos, de varias edicións de Basic Knowledge for the Coin Collector.
A Gibbs débeselle tamén un bo número de artigos sobre temas numismáticos, publicados habitualmente na propia Coin World."Authors: William T. Gibbs". Coin World (coinworld.com). Nesta revista mantivo a columna periódica titulada "Numismatic Nomenclature" a partir do 1 de xaneiro de 1986.
Vida persoal e morte Gibbs casou o 8 de setembro de 1984 con Joyce E. Fahnestock.
O 9 de xuño de 2026 faleceu no hospital Upper Valley Medical Center, de Troy, Ohio, aos 72 anos.Gilkes, P. (2026-a-).
Recoñecementos
1989: Libro do Ano, do Numismatic Literary Guild (NLG). 2015: Premio Clemy, do NLG."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
Publicacións
(1990). Coin World Guide to U. S. Coins, Prices & Value Trends. Coin World. ISBN 9780944945049
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gilkes, P. (2026-a-). "William Tilden Gibbs (1954-2026)". En The E-Sylum. Vol. 29. Nº 24. Gilkes, P. (2026-b-). "Remembering Bill Gibbs’ Legacy". En Coin World. 13 de xuño. Smith, P. (2025). "Gibbs, William T(ilden)". En American Numismatic Biographies. Páxina 173.
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Bowling Green Categoría:Personalidades sen imaxes