Ingemar Carlsson, nado en Laxå en 1924 e finado en 1994, foi un coleccionista numismático sueco.
Traxectoria
Ingemar Carlsson naceu en 1924 en Laxå, unha pequena localidade do condado sueco de Örebro, e a súa infancia transcorreu coas dificultades que lle provocou a súa afección de diabetes, que lle impediu unha asistencia ordenada á escola."Kända samlingar – Carlsson, Ingemar (1924-1994)". Falcoin.se
Carlsson exerceu como empregado administrativo e logo como contable nunha compañía de instalación de tubaxes na súa localidade natal, onde ficou ata a súa xubilación en 1983.
Paralelamente ao seu labor profesional, sentiuse atraído pola numismática, e formouse especialmente en moeda antiga dun xeito autónomo, mediante as súas lecturas na biblioteca pública de Laxå. A principios da década de 1980, o Museo Industrial de Laxå encomendoulle facer un inventario da súa colección numismática.
Carlsson foi tamén un notable coleccionista de moedas. Logo do seu falecemento, a súa colección persoal e a súa biblioteca numismática foron vendidas en poxa pola compañía Ahlström, de Estocolmo, en outubro de 1995, cun total de 2.830 lotes.Svensk Numnismatisk Tidskrift, 5. Svenska Numismatiska Föreiningen. 1995. Páxina 140 (anuncio).
Ademais, Ingemar Carlsson foi autor dun bo número de artigos e colaboracións en revistas especializadas, moitos deles publicados a partir da década de 1970 xunto a Yngve Almer.Björk, J.O. (2023). "Yngve Almer och Offertlista nr 10 En betydande samling svenska kopparmynt". En Svensk Numismatisk Tidskrift, 3. Svenska Numismatiska Föreningen. Páxina 58.
En recoñecemento ao seu labor no ámbito numismático, en 1985 a Sociedade Numismática Sueca galardoouno coa súa medalla Elias Brenner."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen (numismatik.se).
Publicacións
Escolma de artigos
(1977). “Funderingar kring öresmynt och varianter från 1500-talet” ["Reflexións sobre as moedas de öre e as súas variantes do século XVI"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 8. Páxinas 11-13. (1978). “Projekt till mynttyp från 1600-talet” ["Proxecto sobre un tipo de moeda do século XVII"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 4. Páxinas 99-101. (1979). “Falska ettören av år 1649” ["Moeda falsa dun öre de 1649"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 7. Páxionas 140-142. (1980). “Ett öre S.M. 1715. Ett par kompletterande synpunkter” ["Un öre, S.M. 1715. Algúns comentarios adicionais"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 4-5. Páxinas 80-82. (1981). “Säters "Provmynt" 1629. Ett svenskt lokalmynt?” ["A 'moeda de proba' de Säter de 1629. Unha moeda local sueca?"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 6. Páxinas 108-114. (1982). “"Provmynt" eller "lokalmynt"? Fortsatt diskussion om Säters ettöre 1629” [""Moeda de proba" ou "moeda local"? O debate sobre a moeda dun öre de Säter de 1629"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 1. Páxinas 13-14. (1984). “Beträffande guldklippingen av 1598 och Göteborgs grundläggning” ["Sobre o tesouro de ouro de 1598 e a fundación de Gotemburgo"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 3. Páxina 56. (1985). “Haga-plåten. En serie polletter med myntvalörer” ["A folla de Haga. Unha serie de fichas en diversas denominacións"] (con Y. Almer). En Myntkontakt, 1. Páxinas 14-15. (1986). “1 mark ortig 1593” ["1 marco "ortig" de 1593"] (con Y. Almer). En Svensk Numismatisk Tidskrift, 8. Páxinas 256-257. (1988). “Angående gyllen 1528 och Gustav Vasas kröningsmynt m.m.” ["Sobre a moeda de ouro de 1528 e a moeda de coroación de Gustavo Vasa, etc."] (con Y. Almer). En Svensk Numismatisk Tidskrift, 4-5. Páxinas 116-124. (1989). “De två alternativen. En fortsättning angående gyllen 1528” ["As dúas alternativas. Un seguimento respecto do ouro de 1528" (con Y. Almer). En Svensk Numismatisk Tidskrift, 7. Páxinas 156-157.
Notas
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Nados no condado de Örebro Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes