Vales é un lugar do concello da Pobra do Brollón dividido entre as parroquias de Pino e Veiga. Contaba en 2024 cunha poboación de 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), segundo o Instituto Galego de Estatística. Todos eles pertencen a Pino, xa que a Veiga só pertence unha das casas do lugar, que está deshabitada e abandonada. Está situado a 437 m de altitude.

Toponimia O nome do lugar provén do plural do termo en latín , co significado de val.

Historia Encontramos documentos referíndose a Vales do ano 1220. Houbo unha granxa císter na parte de Vales pertencente a Veiga. Esta granxa pertenceu aos monxes do mosteiro de Santa María de Oseira dende o século XIII, sendo para eles unha gran fonte de ingresos polos seus produtos e rendas.

Lugares e parroquias Lugares de Pino

Lugares de Veiga

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Historia de Vales

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias