Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao suroeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste.Ferrocarril Carril-Cornes Cornes aínda existe como núcleo e novas rúas, hortas e campos, entre a avenida de Romero Donallo, a avenida de Vilagarcía, Conxo e a Pontepedriña.

Historia A orixe do nome Cornes podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes, que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área urbanizada sucesivamente dende inicios do século XX. En Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28). Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro.

Cornes-O Carril foi a primeira liña de camiño de ferro de Galicia, inaugurada o 15 de setembro de 1873.A historia dun ferrocarril: A liña Vigo - Ourense 1861-1881 Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente marmoristas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.

Cultura

Cornes ten adicado un poema no libro Follas Novas de Rosalía de Castro, En Cornes.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Conxo

Parroquias de Santiago de Compostela

Categoría:Lugares de Santiago de Compostela Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares ausentes no Nomenclátor de Galicia Categoría:Concello de Conxo