O can dos Baskerville (título orixinal en inglés, The Hound of the Baskervilles; literalmente, O sabuxo dos Baskerville) é unha novela policial británica de Arthur Conan Doyle, publicada por vez primeira no Strand Magazine en 1901 e 1902. O protagonista principal é o detective Sherlock Holmes, a quen acompaña, coma sempre, o doutor Watson, quen por outra banda é a voz narrativa que emprega o escritor escocés Doyle para elaborar a historia. Cómpre destacar que a novela, agás un par de escenarios londinienses, está principalmente ambientada en Dartmoor, no condado de Devon (Inglaterra).

No ano 1989, a tradución ao galego de Gonzalo Navaza gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1901 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Novelas policiais Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego