O Castro é un lugar da parroquia de Viascón, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 41 habitantes (19 homes e 22 mulleres), tres máis ca en 2016.

Patrimonio Neste lugar atópase o castro do Coto do Castro, da idade de Ferro. É un recinto elíptico con socalcos cara ao norte e o sur, o primeiro deles de maior tamaño. Rodea a croa un parapeto moi tenue. Mide 198 por 90 metros, e sitúase na cima dun outeiro sobre o val encaixado do río Lérez, nunha posición de fácil defensa natural e de boa visibilidade.

Lugares e parroquias Lugares de Viascón

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade