Un condado era en orixe o territorio rexido por un conde. Esta denominación tamén se refire a unha forma de división administrativa dun territorio, utilizada frecuentemente polos pobos anglosaxóns, como o Reino Unido, Canadá ou os EUA. En Luisiana a parroquia (en inglés: parish) e en Alasca o borough, representan a mesma entidade que o condado baixo distintas denominacións.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Condados dos Estados Unidos de América, nivel local de goberno creado como unha subdivisión dun estado polo goberno estatal, polo federal ou polo goberno territorial como unha subdivisión dun territorio; Lista histórica dos condados de Francia.
Categoría:Condados administrativos Categoría:Condados