miniatura|280px|Bartolomeo Vanzetti (esquerda) e Nicola Sacco (dereita)

Bartolomeo Vanzetti, nado en Villafalletto o 11 de xuño de 1888 e finado en Boston o 23 de agosto de 1927, foi un anarquista italiano residente en Estados Unidos.

Morte Foi executado o 23 de agosto de 1927 xunto a Nicola Sacco ao ser declarados culpables do asalto e homicidio do pagador dunha fábrica, Frederick Parmenter e o seu escolta, Alessandro Berardelli, na vila de South Braintree o 15 de abril de 1920. Foron exonerados de xeito simbólico o 23 de agosto de 1977 polo entón gobernador de Massachusetts, Michael Dukakis.

Véxase tamén Outros artigos Nicola Sacco

Ligazóns externas Sacco and Vanzetti Commemoration Society. Sacco e Vanzetti .

Categoría:Anarquistas de Italia Categoría:Finados en 1927 Categoría:Nados en 1888 Categoría:Nados na provincia de Cuneo