miniatura|Cidade da Xustiza de Vigo. En Galicia existen 45 partidos xudiciais, que é como se denomina o segundo nivel de unidades territoriais para a administración da xustiza en España.
Características Estes 45 partidos xudiciais repártense do seguinte modo: 14 pertencen á provincia da Coruña, 9 á provincia de Lugo, 9 á provincia de Ourense e 13 están na provincia de Pontevedra.
O partido é a unidade territorial integrada por un ou máis concellos limítrofes, pertencentes a unha mesma Provincia. Entre os concellos que compoñen os partidos xudiciais, baseándose en criterios do número de asuntos xudiciais, das características da poboación, medios de comunicación e comarcas naturais, elíxese a capital do mesmo, que se denomina cabeza de partido xudicial. Na devandita cabeza atópase a sede dun ou varios xulgados. Á fronte do resto de concellos do partido xudicial atópanse os xulgados de paz. A actual distribución de partidos xudiciais da comunidade autónoma de Galicia débese a Lei 38/1988, de 28 de decembro, de Demarcación e de Planta Xudicial.
En virtude da devandita lei, os concellos galegos distribúense nos partidos xudiciais que se indican a continuación:
Provincia da Coruña miniatura|253x253px| Betanzos: Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Sobrado, Vilarmaior, Vilasantar. Santiago de Compostela: Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo, Vedra Ferrol: Ares, Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño A Coruña: Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, A Coruña, Culleredo, Oleiros Noia: Lousame, Noia, O Porto do Son Carballo: Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso Corcubión: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Zas Arzúa: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro Ortigueira: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira Ribeira: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira Negreira: A Baña, Brión, Negreira, Santa Comba Muros: Carnota, Mazaricos, Muros, Outes Padrón: Dodro, Padrón, Rianxo, Rois Ordes: Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo, Val do Dubra
Provincia de Lugo miniatura| Mondoñedo: Abadín, Alfoz do Castrodouro, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro Chantada: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Taboada Lugo: Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Rábade Vilalba: Begonte, Cospeito, Xermade, Guitiriz, Muras, Vilalba Monforte de Lemos: Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober Viveiro: Burela, Cervo, Foz, Xove, Ourol, O Vicedo, Viveiro Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria A Fonsagrada: Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, A Ribeira de Piquín Becerreá: As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela
Provincia de Ourense miniatura|250x250px| Ourense: Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo Ribadavia: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva, Ribadavia Xinzo de Limia: Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia A Pobra de Trives: O Bolo, O Castro de Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso Verín: Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, O Riós, Verín, Vilardevós O Barco de Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras O Carballiño: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea Bande: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Verea Celanova: A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Ramirás
Provincia de Pontevedra miniatura|271x271px| Ponteareas: Arbo, A Caniza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño Vilagarcía de Arousa: Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa Vigo: Baiona, Gondomar, Nigrán, Vigo Pontevedra: Cerdedo Cotobade,La Xunta confirma que Cerdedo-Cotobade se integraría en el partido judicial de Pontevedra A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra A Estrada: A Estrada, Forcarei Tui: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui Cangas de Morrazo: Cangas de Morrazo, Moaña, Vilaboa Lalín: Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces Cambados: Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo Redondela: Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior O Porriño: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas Caldas de Reis: Barro, Caldas de Reis, O Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga Marín: Bueu, Marín
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cartografía dos partidos xudiciais de España: Ministerio de Xustiza. Directorio de Órganos Xudiciais de España: Poder Xudicial