O Harlequin Football Club (tamén coñecido como Harlequins ou Quins) é un club de rugby inglés que xoga na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership. O seu estadio está localizado en Londres e é The Stoop. Este estadio está localizado xusto ao lado do templo do rugby, o Estadio de Twickenham.

Na era afeccionada, moitos dos xogadores traballaban na cidade de Londres, e o club seguiu a ter fortes vínculos co sector financeiro.

Historia O Hampstead Football Club foi fundado en 1866, e o seu primeiro xogo rexistrado tivo lugar en 1867. Foron renomeados como Harlequin Rugby Football Club en 1870, supostamente porque os membros xa non o consideraban como puramente local, e as siglas HFC tiñan que seguir no novo nome. A palabra 'Harlequin' foi atopada nun dicionario e tódolos presentes aceptárona coma o novo nome. Debido a isto, houbo unha escisión nunha parte dos membros, e os que non formaron parte dos Harlequins formaron un novo club coñecido como os Wasps. miniatura|esquerda|300px|Harlequins na tempada 2005-2006 Nos seus primeiros anos, foron moi nómades na súa existencia e xogaron nun total de 15 lugares. Dende 1909, só xogaron en tres.

En 1906, os Quins foron invitados pola Rugby Football Union para usar o Twickenham Stadium.

En 1963, os Quins adquiriron un terreo de atletismo de 14 acres (57.000 m2), que se converteu no campo de adestramento dos Harlequins. Este pasou a ser o seu fogar: a terra Stoop Memorial. Este é o nome de Adrian Dura Stoop.

No campo, e coa introdución das ligas en 1987, traendo consigo un contorno máis competitivo, os Quins mantiveran a súa posición na Primeira División, como un dos principais 12 clubs de Inglaterra ata o 2005.

O club gañou os torneos knockout da Rugby Football Union en dúas ocasións: a John Player Cup en 1988 e a Pilkington Cup en 1991. Ademais, xogaron as finais de 1992, 1993 e 2001. En 2012 chegou o seu primeiro título de liga, gañando na final a Leicester Tigers por 30-23.

Harlequins FC é o equipo que máis veces gañou a European Challenge Cup, a segunda competición continental, con 3 títulos no seu palmarés.

Palmarés Competicións nacionais CompeticiónTítulos16151413121110 09 080706050403020100999897969594939291908988 Liga inglesa1 - 843178267 126791194103386883783 CompeticiónTítulos20161514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675747372 Copa inglesa2 - F FFC C Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión. Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentais CompeticiónTítulos2016151413121110 09 08070605040302010099989796 Copa de Campións Europea de Rugby 15px Copa de Europa 0 gg¼g g¼g g g g ¼¼ CompeticiónTítulos2016151413121110 09 080706050403020100999897 20px European Rugby Challenge Cup 15px Challenge Cup 3 ½ C g Cg C C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actual

Véxase tamén Outros artigos Aviva Premiership Anglo-Welsh Cup European Challenge Cup

Ligazóns externas Páxina oficial dos Harlequins

Categoría:Equipos de rugby de Inglaterra