A Asociación Europea de Libre Cambio (AELC) ou Asociación Europea de Libre Comercio, tamén coñecida polas súas siglas en inglés EFTA (European Free Trade Area), é un bloque comercial creado o 4 de xaneiro de 1960 pola Convención de Estocolmo como alternativa á Comunidade Económica Europea (1957) e polos países Austria, Dinamarca, Reino Unido, Noruega, Portugal, Suecia e Suíza. Entrou en vigor en xuño de 1960. En 1961 entrou Finlandia, en 1970 Islandia e en 1991 Liechtenstein.
O seu obxectivo consiste en favorecer a expansión económica e a estabilidade financeira de todos os seus membros.
Tras o abandono da AELC e entrada na CEE do Reino Unido e Dinamarca en 1973, Portugal en 1986, Austria, Suecia e Finlandia en 1995, o papel da AELC diminuíu notablemente. Permanecen dous países alpinos: Liechtenstein e Suíza, os cales son paraísos fiscais; e dous países nórdicos, Noruega e Islandia, aínda que este último comezou os trámites para adherirse á UE, polo que é probable que nos próximos anos deixe de ser membro desta organización.
AELC ten as seguintes institucións: A secretaría que ten a súa sede en Xenebra. O Tribunal da AELC. O Consello da AELC. A Autoridade da Vixilancia da AELC.
Historia miniatura|250px| A reacción británica fronte á creación da CEE pasaría de ser indiferente a hostil por causa da súa oposición ás estruturas federais e a necesidade de defender a Commonwealth, que se atopaba nun período crítico. O Reino Unido conseguiu reunir ao longo de 1959 a varios países (entre eles algúns limítrofes á CEE) e deciden crear a Asociación Europea de Libre Cambio.
O 4 de xaneiro de 1960 rubricouse no salón Dourado do Palacio do Príncipe de Estocolmo o Tratado da Asociación Europea de Libre Cambio, o seu documento fundacional. Este, establecía a eliminación progresiva dos dereitos de aduana con respecto aos produtos industriais, pero non afectaba nin aos produtos agrícolas nin aos do mar.
A única diferenza primixenia entra a CEE e a AELC era a tarifa aduaneira exterior común, e por tanto cada membro desta última quedaba libre de establecer dereitos aduaneiros fronte a terceiros países.
A pesar desta modestia de medios e de propósitos, os resultados foron excelentes, pois logrouse un aumento do comercio exterior entre os seus membros de 3 522 a 8 172 millóns de dólares entre 1959 e 1967. Mais é, á fin e ao cabo, inferior se se compara co aumento que se produciu na CEE.
O fracaso da AELC produciuse como consecuencia da adhesión de Dinamarca e mais o Reino Unido ás Comunidades Europeas. Por esta razón a maioría dos países integrantes desmantelaron a súa protección aduaneira preparándose para poder adherirse ou asociarse á CEE, diminuíndo os ingresos e a importancia da AELC. Quedando na actualidade só 4 membros: Islandia, Suíza, Noruega e Liechtenstein.
Países membros de Asociación Europea de Libre Comercio Todos ingresaron no 1961 excepto Islandia que ingresou no 1970 e Finlandia que ingresou no 1985. Dinamarca (Saíu en 1972 para ingresar na CEE). Reino Unido (Saíu en 1972 para ingresar na CEE). Portugal (Saíu en 1986 para ingresar na CEE).
En 1991 nos países restantes fíxose un referendo por sufraxio universal para decidiren se seguían nesta organización ou pasaban a formar parte da Unión Europea.
Austria (Saíu en 1991 para ingresar na UE). Finlandia (Saíu en 1991 para ingresar na UE). Suecia (Saíu en 1991 para ingresar na UE). Islandia (Segue na Asociación Europea de Libre Comercio, aínda que iniciou trámites para adherirse á UE). Noruega (Segue na Asociación Europea de Libre Comercio). Suíza (Segue na Asociación Europea de Libre Comercio). Liechtenstein (Segue na Asociación Europea de Libre Comercio).
Véxase tamén Outros artigos Unión Europea
Ligazóns externas Secretariado da AELC Relacións bilaterais da U.E.
Categoría:Organizacións internacionais