miniatura|250px|Castelo de Sarria. Imaxe de época. O castelo de Sarria, tamén coñecido como Torre dos Batallóns, ou simplemente Torre de Sarria, é unha fortaleza situada nun outeiro da vila de Sarria, nunha posición que lle dá unha visión dominante sobre todo o val do río Miño.

Historia Descoñécese a orixe da construción, tanto a data como quen foi o seu fundador. A mediados do século XII Gutierre Ruiz de Castro adquiriu o señorío de Sarria por medio do seu matrimonio con Elvira Osorio, filla de Suer Yañez de Moura, e posibelmente foi nesas datas cando se construíu a fortificación no lugar ocupado anteriormente por un antigo castro.

A fortificación foi arrasada polos sublevados irmandiños no transcurso da Gran Guerra Irmandiña, por volta de 1467. E construída tras ser sufocada a revolta. Até o século XVII serviu como prisión, e estivo habitada até 1730 polo corrixidor, Xustiza Maior ou Meiriño Maior das cinco pobras do Marquesado de Sarria: A Pobra de Sarria, Santo Estevo da Pobra de Neira de Susao, San Xillao da Pobra e A Pobra de Triacastela.

Após o seu paulatino abandono, en 1860, unha metade foi adquirida polo avogado e político Manuel Pérez Batallón, veciño de Sarria, que procedeu ao reenchido dos profundos foxos defensivos, o seu desescombro, a súa anexión á súa horta e casa, o levantamento dun muro de peche de toda a propiedades, e a reparación da torre coa colocación da escaleira que aínda existe. A parte conservada da fortaleza seguiu pertencendo aos herdeiros de Pérez Batallón ata 2024, cando lle venderon a propiedade a un empresario local.

Pola súa banda, o Concello de Sarria adquiriu a outra metade da fortaleza, procedendo á total explanación do seu terreo e á eliminación de todo resto das defensas e fosos, para a ampliación do campo da feira.

Características Os restos da fortificación que chegaron até a actualidade limítanse a unha torre de defensa, de planta irregular e fronte semicircular, e que formaba parte do castelo, servindo de reforzo dun ángulo onde se xuntaban dous dos seus lados.

A torre conserva as ameas e unha altura duns catorce metros, tendo un eixo de 6-7 metros.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía BOGA MOSCOSO, R.: Guía dos castelos medievais de Galicia. Ed. Xerais, 2003, pax. 182-183. ISBN 84-9782-035-5

Outros artigos Castelos de Galicia

Ligazóns externas Ficha do castelo en castillosnet.org .

Sarria Categoría:Sarria Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo