Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita o 1 de maio de 1904 e finado en Xanceda (Mesía) o 2 de febreiro de 2002, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez. Estudou o bacharelato en Ourense e en febreiro de 1924 comezou a colaborar, en Vigo, na redacción de El Pueblo Gallego, fundado o mes anterior, co pseudónimo de Pipes, con artigos en castelan, pero tamén algún en galego. En outubro dese ano o xornal publica a súa marcha a Santiago «Para la ciudad universitaria, a donde va a proseguir sus estudios, partió ayer nuestro querido amigo y compañero de redacción Felipe Fernández Armesto». A pesar diso, e de que en referencias biografícas se indica que en 1924 ingresou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela, non hai datos que avalen eses estudos.No Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS) non hai expediente persoal ningún a nome de Felipe Fernández Armesto (ou de Felipe Fernández García, pois o primeiro apelido da súa nai era García, e Armesto o segundo). Ademais, nos Libros de Matrícula da Facultade de Filosofía e Letras dos cursos 1923-24 e 1924-25 non aparece o seu nome. Porén, en Compostela si que dirixiu a páxina universitaria deste xornal.

En 1927, abandonou a cidade compostelá e marchou a París. No ano seguinte conseguiu unha bolsa de estudos na universidade de Berlín. Desde alí escribiu en diversos xornais españois, especialmente en La Vanguardia de Barcelona, utilizando desde entón a sinatura de Augusto Assía. Desde o mes de outubro de 1929 foi redactor fixo do citado diario catalán. En abril de 1933 foi expulsado de Alemaña polo Goberno nazi e La Vanguardia enviouno a Londres como correspondente.

En agosto de 1936 viaxou á España nacional, quedando adscrito á sección de Prensa do Goberno de Burgos. Estivo na fronte de Asturias e, máis tarde, foi redactor-xefe do diario ourensán Arco, así como xefe da sección de Internacional de La Voz de España.

En 1939 foi enviado de novo a Londres como correspondente, e alí pasou toda a Segunda guerra mundial, enviando unhas crónicas que se fixeron famosas, pois sempre confiou na derrota das potencias do Eixe. Tras a vitoria aliada na guerra, cubriu a información sobre os Xuízos de Núremberg.

En agosto de 1950 contraeu matrimonio coa periodista María Victoria Fernández-España, de quen tivo un fillo, Juan Fernández-Armesto Fernández-España, avogado e economista que foi o primeiro presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Ese mesmo ano trasladouse aos Estados Unidos de América, onde continuou como correspondente de La Vanguardia.

No ano 1964 comprou en Xanceda (Mesía) unha grande extensión de terreo, onde montou unha explotación agrícola-gandeira.

En xullo de 1967 asinou en La Voz de Galicia un artigo no que reclamaba a equiparación de dereitos para a lingua galega no seu país.A persecución do galego durante o franquismo, A Nosa Terra, 7 de maio de 1998.

O ministro de Información y Turismo, Manuel Fraga impúxolle unha multa de 50.000 pesetas ao director do xornal, Francisco Pillado Rivadulla, pola publicación do citado artigo de Fernández Armesto.

En 1982, como columnista de La Voz de Galicia, acusou ao Bloque Nacional Popular Galego e mais ao Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas de colaboración con grupos terroristas, polo cal foi cursada unha demanda contra o xornalista por parte de ambas as dúas plataformas.

En 1986 deixou de escribir en La Vanguardia, tras 58 anos.

Obra miniatura|Xelo, o salvaxe. Lar. 1926. A súa primeira novela curta foi en galego e titulouse Xelo, o salvaxe (1926), que foi moi ben acollida pola crítica."Finou en Mesía Augusto Assía, un referente na figura do correspondente" en Culturagalega.org, 4/2/2002.

Pero a maioría das súas obras (recompilacións de artigos) escribiunas e publicounas en castelán, agás unha das últimas, que se publicou en tradución catalá. Entre elas destacan:

Los yanquis (Mateu, 1940). Los ingleses en su isla (Mercedes, 1943). Vidas inglesas (Ayma, 1944).Coas biografías de Winston Churchill, Jan Christian Smuts, Bernard Law Montgomery, David Lloyd George, Lord Woolton, Geroges Bernard Shaw, Herbert George Wells, Chesterton, Lord Louis Mounbatten, "Laurence de Arabia", Lord Baldwin, Sir Horace Avorry, James Ramsay Macdonald, Lord Wavell, Robert Anthony Eden, Sir Harold Alexander, Atlee, Morrison, Bevin, Lord Beaverbrook, e algunhas máis. Cuando yunque, yunque (Mercedes, 1946). Cuando martillo, martillo (Mercedes, 1947). Mi vuelta al mundo (Mateu, 1949). La traición como arte (Destino, 1955). Artículos (La Voz de Galicia, 2002; Biblioteca Gallega). Salt a la foscor (A contra vent, 2002).Salt a la foscor en Amazon. .Sobre esta recompilación, o editor di: "Compañeiro de Eugeni Xammar, Augusto Assía viviu en Berlín desde o ano 1927 até o 1933, até que foi expulsado. Cun xornalismo áxil e vibrante, escribiu as crónicas desde Berlín que lle publicaron en La Vanguardia con grande éxito. Traducidas por Enric Vila, co seu estilo arrebatado de costume, son un documento excepcional, nunha fermosa prosa, para entender como foi posíbel un fenómeno como o ascenso do nazismo ao poder".

Premios e distincións dereita|miniatura|CPI Augusto Assía na Mezquita.

Recibiu diversos premios e condecoracións de relevancia como:

Cabaleiro da Orde do Imperio Británico Medalla Castelao Premio Galicia de Comunicación Premio Fernández Latorre de xornalismo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía de Fernández Armesto en galegos.info Cruz, Juan. Augusto Assí, 50 años de periodismo El País, 25/1/1980.

Categoría:Xornalistas da Mezquita Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 2002