miniatura|250px|Divisións administrativas do voivodato O Voivodato de Gran Polonia (polaco: województwo wielkopolskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998. Creouse o 1 de xaneiro de 1999, a partir dos anteriores voivodatos de Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, e dunha parte do antigo voivodato de Piła. É a segunda en tamaño e a terceira en poboación, con 29.826 km² e 3,4 millóns de habitantes. Está dividido en 35 distritos ou poviatos, dos que 4 cidades posúen a categoría de poviato, e 226 comunas. As súas principais cidades son Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, Piła e Gniezno. Comprende a maioría da rexión histórica (agás algunhas pequenas comunidades do suroeste) do mesmo nome (en polaco Wielkopolska).

Situación e Natureza

O voivodato sitúase no centro-oeste de Polonia. Ten dous parques naturais, varias reservas naturais e varios parques paisaxísticos. Os dous principais ríos da rexión son o Warta e o Noteć. O norte do voivodato é unha rexión lacustre.

Historia

O nome de Gran Polonia (en polaco: Wielkopolska, Francés: Grande-Pologne, Alemán:Großpolen, latín: Polonia Maior) utilízase só dende os séculos XIV e XV. Menciónase por primeira vez en latín en 1257, e por primeira vez en polaco en 1449. O nome de Gran ou Vella Polonia adoitan referirse a que é o berce de Polonia como estado. Antigamente, esta zona estaba habitada pola tribo dos Polanos e chamábase sinxelamente Polonia. Os fortes de Giecz e de Poznań construíronse no século X. A Gran Polonia era á rexión central do país de Mieszko I e de Boleslao I o Bravo, Poznań era a capital de Polonia. Até o século XI no que se mudou a capital a Cracovia.

Tras as Particións de Polonia, a rexión ficou baixo o dominio de Prusia e sufriu un proceso forzado de xermanización. Durante a segunda guerra mundial, foi anexionada pola Alemaña Nazi co nome de Wartheland ou Warthegau, país do Warta. En 1945, volveu a Polonia.

Maiores cidades e poboacións

(poboación en 2003)

25px Poznań (581.200) 25px Kalisz (106.500) Konin (83.600) Piła (76.800) Ostrów Wielkopolski (74.500) 25px Gniezno (71.600) 25px Leszno (63.500) Śrem (31.000) Turek (30.700) Krotoszyn (29.100) Września (28.900) Swarzędz (28.200) Jarocin (26.000) Kościan (24.500) Wągrowiec (24.500) 24px Koło (24.300) Luboń (23.800) Środa Wielkopolska (22.200) Rawicz (21.700) Gostyń (20.800) Chodzież (20.500)

División administrativa

Distritos rurais Distrito de Chodzież – 47 502 powiat czarnkowsko-trzcianecki – 87 781 powiat gnieźnieński – 141 436 powiat gostyński – 76 692 powiat grodziski – 49 797 powiat jarociński – 71 509 powiat kaliski – 81 143 powiat kępiński – 55 816 25px Distrito de Koło – 91 414 powiat koniński – 124 826 powiat kościański – 77 780 powiat krotoszyński – 77 876 25px powiat leszczyński – 50 137 powiat międzychodzki – 36 657 powiat nowotomyski – 71 997 powiat obornicki – 56 205 powiat ostrowski – 159 833 powiat ostrzeszowski – 54 945 powiat pilski – 137 507 powiat pleszewski – 62 686 powiat poznański – 280 763 powiat rawicki – 59 820 powiat słupecki – 60 011 powiat szamotulski – 85 451 powiat średzki – 54 777 powiat śremski – 59 266 25px Distrito de Turek – 85 208 powiat wągrowiecki – 68 449 powiat wolsztyński – 55 193 powiat wrzesiński – 74 768 powiat złotowski – 70 652

Distritos urbanos Poznań – 570 778 Kalisz – 110 039 Konin – 80 266 Leszno – 63 787

Economía Os principais sectores de actividade son a industria, o agroalimentario, os transportes , a construción, o comercio e os servizos.

Véxase tamén Outros artigos Posnania

Gran Polonia