La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustradaLa prensa ilustrada en España . editada en Madrid entre 1878 e 1882.
Traxectoria O propietario foi Alejandro Chao Fernández, a parte literaria estaba dirixida polo intelectual galeguista Manuel Murguía e a artística por José Fernández Cuevas (1844-1923). e administrada por Luis Taboada. Tratouse dunha publicación multilingüe, editada en galego, asturiano e castelán.
O primeiro número, co primeiro dos títulos sinalados, saíu o 15 de xuño de 1878 e así seguiu saíndo durante ese ano. O 10 de xaneiro de 1879 aparece co título de La Ilustración Gallega y Asturiana, pasando de ter unha periodicidade quincenal a decenal. Máis tarde, o 8 de xaneiro de 1882, pasa a denominarse La Ilustración Cantábrica, deixando de publicarse, definitivamente, ese mesmo ano.
Nela publicaron textos autores como Rosalía, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez. Amais, nas súas páxinas saíu a primeira novela en galego, Majina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares.La Ilustración Gallega y Asturiana tomo II, n.º 21, Madrid, 28 de xullo de 1880.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Artigo "ILUSTRACIÓN GALLEGA Y ASTURIANA, La" da Gran Enciclopedia Galega. Outros artigos La Ilustración Española y Americana Ligazóns externas La ilustración de Galicia y Asturias: revista quincenal ilustrada en Galiciana. Biblioteca de Galicia La ilustración gallega y asturiana: revista decenal ilustrada en Galiciana. Biblioteca de Galicia La ilustración cantábrica: revista decenal ilustrada en Galiciana. Biblioteca de Galicia
Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Manuel Murguía Categoría:Revistas españolas do século XIX