Aritz López Garai, nado en Barakaldo o 6 de novembro de 1980, é un exfutbolista e actual adestrador español. Xogaba de mediocentro defensivo e actualmente adestra ó CD Tenerife da Segunda División.
Traxectoria Aritz López Garai formouse na canteira do Athletic Club, estivo en Lezama pero non pasou ao Bilbao Athletic senón ao CD Baskonia tamén filial do Athletic pero en Terceira.
A tempada 2001/2002 pasa á SD Gernika xa en Segunda División B e logo tres tempadas xogando coa UB Conquense, en 2005 perde a promoción de ascenso a Segunda ante o Real Madrid Castilla.
Tras cumprir contrato cos conquenses firma coa UD Salamanca e é con este equipo que logra subir de categoría ao gañar no partido decisivo da promoción de ascenso a Segunda de 2006 ao Sevilla Atlético. Debuta na Segunda División e é en xuño de 2007 que asina co CD Castellón.
A tempada 2008-09 acaba contrato co CD Castellón e, tras especularse o seu traspaso pola Real Sociedad, finalmente é o Celta de Vigo o club que consegue o seu traspaso, e convértese na segunda fichaxe dos célticos para a tempada 2009-10.
Clubs TempadaClubPaísLigaPartidosGolesCopaGolesAscensoGoles2000/01CD Baskonia EspañaTerceira División--2001/02SD Gernika EspañaSegunda División B3202002/03UB Conquense EspañaSegunda División B3412003/04UB Conquense EspañaSegunda División B321302004/05UB Conquense EspañaSegunda División B37030402005/06UD Salamanca EspañaSegunda División B36210402006/07UD Salamanca EspañaSegunda División372102007/08CD Castellón EspañaSegunda División394002008/09CD Castellón EspañaSegunda División360102008/09Celta de Vigo GaliciaSegunda División33140(en Segunda B)17147080(en Segunda)145760Actualizado o 21 de xuño de 2009
Palmarés TítuloClubPaísTempadaSegunda División B EspañolaUD Salamanca20px|Bandeira de España España2006
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Gernika Club Categoría:Xogadores da UB Conquense Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do FC Rapid București Categoría:Xogadores do CF Reus Deportiu Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do CF Reus Deportiu Categoría:Adestradores do CD Numancia Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do Albacete Balompié