Kevin Poulsen nado en 1965 en Pasadena (California, Estados Unidos), é un famoso phreaker de California, que durante un período de dous anos conseguiu controlar o sistema de conmutación da súa operadora de telefonía local.

Grazas aos seus coñecementos informáticos deu intervido a central de conmutación para que seleccionaran a súa liña persoal de teléfono coma a gañadora en multitude de concursos e ofertas telefónicas, mentres bloqueaba a doutros usuarios do servizo. Deste modo, conseguiu gañar 2 Porsches, 2 viaxes a Hawaii e máis de 22.000 dólares en efectivo.

Finalmente foi descuberto polo FBI e acusado de diversos delitos: interceptación de comunicacións, estafas informáticas etc.

Véxase tamén Ligazóns externas KevinPoulsen.com Páxina web persoal de Poulsen. Threat Level Blog de Kevin Poulsen e Ryan Singel.

Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Pasadena, California