A Asociación Deportiva Ciudad de Guadalajara, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Quabit BM Guadalajara, é un club de balonmán español da cidade de Guadalaxara, que xoga na Liga ASOBAL.
Historia Foi fundado no 2007 como herdeiro do anterior club de balonmán da cidade castelá, o BM Guadalajara. En tan só tres tempadas conseguiu ascender de Primeira Nacional de balonmán á Liga ASOBAL, a máxima categoría do balonmán español.
Na súa primeira tempada da súa nova etapa, o Realitas BM Guadalajara militou na Primeira Nacional e acadou nun tempo récord o campionato de España da categoría e o ascenso á División de Honra B. Na súa segunda tempada, xa na categora de prata do balonmán español, chegou á fase de ascenso á Liga ASOBAL, aínda que finalmente o club non puido acadar o ascenso ao finalizar no segundo posto do play-off. Na tempada 2009-10, o Rayet BM Guadalajara conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL logo de finalizar no 2º posto na liga regular e rematar na 1ª posición no play-off de ascenso.
Tempadas
|valign="top" width=49%| TempadaCategoríaPosición na liga regularPlay off de ascensoPrincipal Patrocinador2007-2008Primeira Nacional2º1º (Ascende)Reálitas2008-2009División de Honra B3º2º (Non ascende)Reálitas2009-2010División de Honra B2º1º (Ascende)Rayet2010-2011Liga ASOBAL--Quabit
Véxase tamén Outros artigos BM Guadalajara
Ligazóns externas Sitio web oficial do club
Guadalajara Categoría:Guadalaxara, España