A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas AGUEA, foi unha entidade de carácter galeguista fundada en Buenos Aires o 22 de xuño de 1956. Creada por Antonio Baltar e un grupo de emigrantes galegos profesionais, no seu documento de fundación sinálanse como obxectivos:
Durante 1956 AGUEA realizou 57 clases de xeografía, historia, lingua e literatura galega, ditadas en galego. Organizou unha homenaxe a María Casares, coloquios sobre os problemas de Galicia coas intervencións de Valentín Paz-Andrade, Rafael Dieste, Alberto Vilanova, Núñez Búa, Ramón de Valenzuela, unha velada necrolóxica dedicada a Carlos Maside, promoveu a exposición de Díaz Pardo en 1957 no Centro Lucense e un coloquio sobre A parroquia galega, dirixido por Otero Pedrayo en 1959.
Como iniciativa da AGUEA, Antonio Baltar e Luís Seoane dirixiron a editorial Citania que nas súas coleccións “Martín Sarmiento”, “Idacio”, “Mestre Mateo”, “Dolmen de Dombate” e “Herba de namorar” publicou importantes libros de Parga Pondal, Paz Andrade, Cruz Gallástegui, Emilio González López, Díaz Pardo, Blanco Amor, Fernández del Riego, Luís Seoane etc.
Categoría:Exilio galego Categoría:Buenos Aires Categoría:Asociacións de Galicia