Florencio López Fernández, tamén coñecido como O Cego dos Vilares, nado en Pin (Bruicedo, A Fonsagrada) en 1914 e finado na Fontaneira (Baleira) en 1986, foi un coñecido violinista e intérprete galego.

Traxectoria Invidente desde cativo por causa da varíola foi un dos derradeiros músicos cegos, habituais nas feiras e romarías galegas, dos que se ten noticia. Foi moi coñecido por toda Galiza e Asturias, especialmente na zona da Fonsagrada, Baleira e A Ribeira de Piquín. Algunhas das súas pezas foron recollidas no Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

En 1981 gravacións súas apareceron no disco Recolleita vol.1, unha proxectada serie de recollas coordinada por Pablo Quintana para o selo discográfico Ruada. Tamén Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), incluíron as súas pezas no repertorio de Fuxan os Ventos e A Quenlla. Unha parte das entrevistas e gravacións que Mini e Mero realizaron con el, figuran nos discos Cantos Coplas e Romances de Cego 1 e 2.

A musicóloga e violinista África Domínguez, analizou o seu cancioneiro nun traballo de fin de Grao para a Universidade de Valladolid.

En 2015, o centro de música popular aCentral Folque, publicou un libro-disco sobre a súa figura titulado: Florencio, cego dos Vilares. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Portal do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia Páxina O canto do pobo, con numerosas partituras, letras e audicións do señor Florencio Muiñeira con violín Cantas da Palmeira

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Violinistas de Galicia Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes