Santiago Cazorla González, nado en Lugo de Llanera (Asturias) o 13 de decembro de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Oviedo, da Segunda División.

Foi 81 veces internacional coa selección española, coa que gañou as Eurocopas de 2008 e 2012.

Traxectoria Santi Cazorla iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Club Deportivo Covadonga e pasou logo nove anos no Real Oviedo e un ano cedido ao Astur Club de Fútbol. En 2003, logo do descenso do Real Oviedo, Cazorla ficha polo Villarreal. Pasou as seguintes tres tempadas no equipo. Marcou 4 goles na Copa da UEFA e xogou 2 partidos da Liga de Campións.

No verán de 2006 é traspasado ao Recreativo de Huelva con opción de recompra por parte do Villarreal. O 17 de xullo de 2006 é presentado no seu novo equipo, no que xogaría unha tempada. Na tempada 2007/08 Cazorla ficha novamente polo Villarreal.

No verán de 2008, varios clubs europeos interésanse polo xogador asturiano, como o AS Roma ou o Real Madrid, pero finalmente Cazorla opta por renovar o seu contrato por catro anos co Villarreal.

No verán de 2011 víñase especulando coa súa posible fichaxe polo Málaga CF, feito que se materializou definitivamente entre ambos os clubs o 26 de xullo. O prezo da fichaxe foi de ao redor de 20 millóns de euros.

Selección nacional Foi 7 veces internacional coa selección española sub-21. O 17 de maio de 2008, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés coa selección absoluta para a Eurocopa 2008 disputada en Austria e Suíza. Debutou o 31 de maio de 2008 en Huelva nun amigábel contra Perú, e o 10 de xuño debutou en partido oficial en Innsbruck contra Rusia. O xogador marcou nos penaltis do partido de cuartos de final e tamén disputou a final da Eurocopa na que España gañou a Alemaña con gol de Fernando Torres.

Unha lesión impediu que fora convocado para o Mundial de Suráfrica de 2010, pero foi novamente convocado para o amigábel contra México do 5 de agosto de 2010.

Tamén foi seleccionado para xogar a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, na que España volveu conquistar o título de campioa de Europa.

Palmarés Villarreal Copa Intertoto (1): 2004.

Arsenal FA Cup (1): 2014/15. Community Shield (2): 2014, 2015.

Al Sadd Liga das Estrelas de Qatar (2): 2020/21, 2021/22. Copa do Emir de Qatar (2): 2020, 2021. Copa de Qatar (1): 2021. Copa das Estrelas de Qatar (1): 2019/20.

Selección española Eurocopa (2): 2008, 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Santi Cazorla en ElMundo.es

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Llanera Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Oviedo B Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Al-Sadd Sports Club Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa