Televisió de Catalunya (TVC) é unha empresa de televisión catalá que pertence ao ente público de Cataluña, a Corporació Catalá de Mitjans Audiovisuals (CCMA), que á súa vez depende da Generalitat de Cataluña.
Actualmente posúe seis canles distintas: TV3, El 33, Canal Super3, 3/24, 3XL e Esport 3, ademais de vía satélite coa canle internacional TV3CAT e a canle en alta definición TV3HD. Todas elas emítense desde os estudios situados en Sant Joan Despí.
Estudios A sede central de TVC está situada na localidade de Sant Joan Despí, na provincia de Barcelona. As instalacións divídense en dous edificios. No CEI (centro de emisión de informativos) atópase a redacción dos programas informativos e de deportes e ten dous estudios, o do Telenotícies e outro multiúsos onde se emiten os programas en directo como Els matins. Por outra banda, desde o CPA (centro de produción de audiovisual) realízanse e emiten os programas de entretemento. Así mesmo, a cadea posúe un centro de produción na veciña localidade de L'Hospitalet de Llobregat, onde roda producións de ficción como a serie El cor de la ciutat.
Canles Televisió de Catalunya ten seis canles. Todas elas emiten integramente en catalán, aínda que hai emisións en aranés nas desconexións para o Val de Arán.
Canle Temática Primeira emisión TV340px|centro Xeneralista 10 de setembro de 1983 El 3340px|centro Cultural e divulgativa 23 de abril de 1988 3/24centro|80x80px Información 24 horas 11 de setembro de 2003 Canal Super3 Infantil 18 de outubro de 2009 Esport 3 Deportiva 22 de outubro de 2010 TV3HD40px|centro Contido en alta definición 23 de abril de 2007
Canles antigas Canle Temática Primeira emisión Última emisión K3 Infantil e xuvenil 23 de abril de 2001 18 de outubro de 2009 300 Series e películas 23 de novembro de 2005 19 de setembro de 2010 TV3CAT40px|centro Fóra de Cataluña 10 de setembro de 1995 30 de abril de 2012 3XL Xuvenil 19 de setembro de 2010 30 de setembro de 2012
Directores de TVC Canle Descrición1983-1984 Alfons Quintà 1984-1989 Enric Canals1989-1995 Jaume Ferrús1995-2001 Lluis Oliva2000-2002 Miquel Puig2002-2004 Joan Oliver2004-2008 Francesc Escribano2008-presente Mónica Terribas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Televisió de Catalunya