miniatura|Transmisor de Doordarshan Doordarshan é a cadea pública de televisión da India que forma parte do ente público de radiotelevisión Prasar Bharati. miniatura Inicios Doordarshan comezou a emitir experimentalmente o 15 de setembro de 1959 transmitindo para a zona de Delhi a través dun pequeno transmisor. As emisións regulares principiaron en 1965 como parte de All India Radio, en 1972 o servizo espallouse por Mumbai) e Amritsar e aínda en 1975 o servizo de televisión só estaba dispoñible en sete cidades. En 1976 separáronse o servizo de radio e o de televisión.

Emisións en toda a India

Ata 1982 todas as emisións eran locais pero a partir dese ano comezan a se transmitir emisións para toda a India, nese ano tamén comezaron as emisións en cor co discurso da primeira ministra Indira Gāndhi no Día da Independencia (15 de agosto) e nas transmisións dos Xogos Asiáticos que se celebraban en Deli.

Canles

Doordarshan opera múltiples canles, dúas emiten para toda a India, DD National e DD News, 11 canles por satélite en linguas rexionais, varias canles rexionais en estados de lingua hindi, unha canle deportiva, unha canle internacional e dúas canles para emisións de debates parlamentarios.

DD National, primeira canle e a máis vista no país, transmite maioritariamente en hindi porén ten desconexións en diferentes linguas do país. DD News, canle de noticias en hindi e inglés. DD Sports, canle deportiva en hindi DD Bharati, canle educativa e cultural en hindi DD India, canle internacional emite principalmente en hindi e inglés, con programas urdú, punxabi, telugu, támil, kannará, malaiala, guxarati e marata DD Urdu, en urdú DD North East, canle en asamés, inglés e outras linguas do nordeste da India DD Oriya, canle en oriya DD Podhigai, canle en támil DD Punyabi, canle en punxabi DD Sahyadri, canle en marata DD Saptagiri, canle en telugu DD Gujarati, canle en guxarati DD Chandana, canle en kannará DD Kashir, canle en caxemir DD Malayalam, canle en malaiala

Ligazóns externas Web oficial de Doordarshan Web oficial de noticias de Doordarshan

Categoría:Cadeas de televisión de Asia