Antonio Severino Barros de Lis, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade) en 1887 e finado en Madrid o 9 de maio de 1939,Necrolóxica en Faro de Vigo, 15-5-1939, p. 2. foi un avogado e político galego.

Traxectoria miniatura|esquerda|Banquete en Lar Gallego ao seu vicepresidente Severino Barros de Lis con motivo da súa elección como deputado, 1934.

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Gañou a oposición á Xudicatura e á de Secretarios xudiciais. Foi xuíz en varias localidades españolas e secretario xudicial na Audiencia de Burgos. Finalmente desempeñou a secretaría da Sala Terceira do Tribunal Supremo de España. Xa en decembro de 1930 manifestou o seu propósito de presentarse como candidato a deputado polo distrito de Ponte Caldelas con carácter agrario-rexionalista.El Pueblo Gallego, 10-12-1930, p. 3. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas listas da CEDA nas eleccións xerais de 1933 e 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno en Madrid, onde permaneceu agochado durante a guerra civil.

Vida persoal

Primo de Manuel de Lis Varela. Casou con Carmen Gaspar e foi pai de Jesús Barros de Lis Gaspar. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1939