Carlos Vázquez González, nado en Neira de Cabaleiros (Láncara) en 1968, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Os seus comezos nos medios de comunicación tiveron lugar no diario El Progreso de Lugo. En 2001 pasou a colaborar con La Voz de Galicia, sendo redactor neste xornal e locutor de Radio Voz, colaborando tamén coa Cadena SER e a COPE. Traballa como xornalista e fotoxornalista freelance para as revistas ECO, Trasluz e para o xornal La Voz de Galicia.

De 2004 a 2009 organizou canda a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo unha Demostración de Oficios Tradicionais, feito que xunto coas reportaxes etnográficas publicadas en La Voz de Galicia e na revista Trasluz lle permitiu ao autor afondar na etnografía galega.

Actualmente vive na cidade de Lugo.

Obra Narrativa Unha de romanos, 2001, Kékeres, Vigo.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor en archive.org. Carlos Vázquez González na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Láncara Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela