Jorge Fernández Madinabeitia, nado en Vitoria o 8 de agosto de 1972, é un ex xogador de baloncesto, modelo, actor e presentador de televisión vasco.
Traxectoria Viviu a súa infancia na localidade guipuscoana de Arrasate. É licenciado en Educación Física pola UPV, no Instituto Vasco de EF de Vitoria e impartiu clases de EF no colexio Virgen Niña de Vitoria.
Aos 26 anos decide traballar nunha Axencia de Modelos en Donostia. En 1999 obtivo o premio Míster España, título que, caso único entre todos os Míster España, conservou dous anos seguidos ao non celebrarse o certame o ano 2000.Máis guapos que elas Foi xogador de baloncesto, chegando a debutar na Liga ACB co TAU Cerámica Baskonia de Vitoria-Gasteiz en 1998.
Tras a obtención do título de Míster España, iniciou a súa carreira artística, que o levou á presentación de numerosos programas de televisión, así como a intervir nalgunhas series, como Los Serrano (2003-2008), onde interpretaba a Andrés, o irmán de Candela.
Actualmente presenta o concurso La ruleta de la suerte en Antena 3 e o reality show Esta casa era una ruina. Por ambos os traballos recibiu o Premio Ondas en 2008.
En 2010 presentou xunto a Sandra Daviú as Badaladas de Fin de Ano en Antena 3.
Aparicións Euskadi reta Date el Bote (2001-2002). Presentador. Gran Hermano (2001-2002). Presentador Los Serrano (2003-2004). No papel de Andrés. La quinta esfera (2003). Presentador Gran Hermano VIP: El Desafío (2004). Presentador dos resumos. El verano de tu vida (2005). Presentador. Eurovision junior 2005 (2005). Presentador. Gente de primera (2005). Presentador. Los más (2006). Copresentador xunto a Paula Vázquez. La ruleta de la suerte (desde 2006). Esta casa era una ruina (2007-2010). Canta si puedes (2009). Quiero cantar (2010).
Premios Premio Ondas 2008 ao mellor presentador de televisión Antena de Ouro 2008
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal de Jorge Fernández Vídeos de Jorge Fernández
Categoría:Presentadores de televisión do País Vasco Categoría:Modelos masculinos do País Vasco Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco