Jim Sheridan, nado en Dublín o 6 de febreiro de 1949, é un director, produtor e guionista de cine irlandés.
Traxectoria Comezou a súa carreira no teatro coma un dos fundadores do Project Art Centre de Dublín. Nesa época estivo adicado á produción teatral.
A comezos dos anos 80, emigrou aos Estados Unidos xunto coa súa muller e as súas dúas fillas, coa intención de internarse no mundo de Broadway. Unha vez alí, matriculouse na Escola de Cine da Universidade de Nova York.
Non será ata finais da década dos 80 cando Sheridan dea o salto á dirección cinematográfica co filme O meu pé esquerdo, que ademais de ser un éxito de público, impulsaría o renacemento da cinema irlandés. O filme obtivo cinco candidaturas aos Óscar, incluíndo Mellor Película, Mellor dirección e Mellor guión adaptado, e facéndose con dous, os correspondentes ao Mellor actor principal e á Mellor actriz secundaria, que foron para Daniel Day-Lewis e Brenda Fricker.
A pesar das numerosas ofertas que recibiu de Hollywood, Sheridan decidiu continuar dirixindo na súa Irlanda natal. A súa seguinte película sería The Field, pola que Richard Harris resultaría candidato ao Óscar pola interpretación dun granxeiro que defende a súa terra das garras dos especuladores inmobiliarios. Posteriormente escribiu o guión do filme Into the West que dirixiu o inglés Mike Newell.
En 1993, Sheridan escribiu, produciu e dirixiu In the Name of the Father ("No nome do pai"), drama que conta a loita de Gerry Conlon, un home acusado falsamente e encarcerado coma terrorista do IRA. Para este filme, Sheridan volveu contar con Daniel Day-Lewis, ademais de Emma Thompson e de Pete Postlethwaite. Sheridan obtivo a súa segunda candidatura para o Óscar ao Mellor director, ao que lle habería de sumar as candidaturas ao Mellor guión adaptado e á Mellor película.
Nos anos seguintes, Sheridan produce e escribe diferentes filmes, ata que en 1997 volve á dirección con The Boxer na que é a súa última colaboración con Day-Lewis. En 2002 escribe, dirixe e produce o filme con trazos autobiográficos In America, onde retrata a vida dunha familia irlandesa inmigrante nos Estados Unidos dos anos 80.
Posteriormente dirixiu, xa nos Estados Unidos, Get Rich Or Die Tryin, Brothers, remake do filme dinamarqués de Susanne Bier Brødre, e o suspense Dream House, polo que non obtivo moi boas críticas.
Filmografía Ano Filme Funcións2015The Secret ScriptureDirector e guionista2012DollhouseProdutor executivo2011Dream HouseDirector 2009 Brothers Director 2005 Get Rich or Die Tryin' Director e produtor 2003 In America Guionista, director e produtor 2002 Bloody Sunday Produtor executivo 2001 On the Edge Produtor executivo 2000 Borstal Boy Produtor executivo 1999 Agnes Browne Produtor executivo 1997 The Boxer Guionista, director e produtor 1996 Some Mother's Son Guionista e produtor 1993 In the Name of the Father Director, guionista e produtor 1993 Into the West Guionista 1990 The Field Director e guionista 1989 O meu pé esquerdo Director e guionista
Notas
Categoría:Directores de cinema de Irlanda Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1949