José Gustavo 'Pepe' Sand, nado en Bella Vista o 17 de xullo de 1980, é un futbolista arxentino. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo (2018) é o Deportivo Cali.

Traxectoria Sand comezou a súa carreira profesional no River Plate, en 1998. Entón, produciuse o seu primeiro paso polo Colón, entre 1999 e 2000.

En 2000 foi xogar na segunda división arxentina, no club Independiente Rivadavia. En 2001 foi contratado polo Vitória.

No ano de 2002 Sand retornou a Arxentina para xogar no Defensores de Belgrano. Entón, conseguiu o seu segundo paso polo River Plate, entre 2004 e 2005.

Entre os anos de 2005 e 2006, o atacante xogou no Banfield. Despois dese tempo retornou ao Colón, en 2006, antes de asinar polo Lanús, ocorrido en 2007.

Sand comezou o seu paso polo Lanús sendo expulsado no xogo contra o Club Atlético Independiente, que acabou con derrota de 5-3. Naquela época, fixo dez goles en nove xogos pola liga. Coa súa boa suma de quince goles en quince xogos, no seu primeiro campionato co Lanús estabeleceuse como favorito da afección. En 2007, fixo parte do equipo que venceu o Torneo Apertura 2007, a primeira conquista do campionato do equipo.

Por causa da súa excelente forma no club, Sand foi chamado por primeira vez para a Selección de fútbol da Arxentina polo técnico Alfio Basile para substituír o suspenso Carlos Tevez, contra Chile, en xogo en Santiago de Chile no día 15 de outubro de 2008.

No comezo de 2010 foi transferido para o Al Ain FC dos Emiratos Árabes Unidos e tornouse, logo na súa primeira tempada, máximo goleador de case todas as competicións que disputou. Na liga nacional, chegou á impresionante marca de 24 goles en 20 partidos.

No mercado de inverno da tempada 2010-11 foi cedido ao Deportivo da Coruña; a pesar do interese do xogador no retorno ao Lanús. A operación realizouse en préstamo por 6 meses, por un valor de 500 000 euros, cunha obriga de compra ao finalizar a presente tempada de 3 millóns de euros. En caso de non concretarse isto último, o Deportivo debería compensar ao Al Ain noutros 500 000 euros."El Deportivo consigue la cesión del argentino José Sand" Tras só cinco partidos xogados sen converter goles e consumado o descenso do Deportivo á Segunda División, en xullo de 2011 foi fichado polo Club Tijuana para o Torneo Apertura 2011.

Tras un ano na Primeira División de México, en xullo de 2012 o xogador chegou a un acordo co Racing Club de Avellaneda por dúas tempadas, con posibilidade de estenderse por unha máis. O seu debut produciuse o 4 de agosto dese mesmo ano.

Finalizada a tempada, Sand mudouse ao Club Atlético Tigre, onde xogou 12 partidos e logo asinou co Club Atlético Boca Unidos onde xogou 15 partidos, aínda que non logrou ascender á Primeira División da Arxentina.

No mes de febreiro de 2015 asinou co Club Atlético Aldosivi de Mar do Prata

En decembro do ano 2015, aos 35 anos de idade, volve co Club Atlético Lanús cun contrato de 18 meses e o 29 de maio de 2016 conságrase campión, obtendo así o seu segundo título no club. O 14 de agosto de 2016 consagrouse campión da Copa do Bicentenario da Independencia ante o Racing Club, obtendo así o seu terceiro título co Club Atlético Lanús. O 4 de febreiro de 2017 volveu saír campión con Lanús da Supercopa Arxentina 2016 fronte a River Plate.

En xaneiro de 2018 asinou co Deportivo Cali, de Colombia por un ano, con opción a seis meses máis.

Palmarés TítuloClubPaísAnoSuperCopa EAUAl-Ain FCEmiratos Árabes2010Torneo AperturaClub Atlético LanúsArxentina2007Torneo ClausuraClub Atlético River PlateArxentina2004

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolxxi.com Datos do xogador na páxina do Lanús

Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CS Independiente Rivadavia Categoría:Xogadores do EC Vitória Categoría:Xogadores do CA Defensores de Belgrano Categoría:Xogadores do CA Banfield Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do CA Colón de Santa Fe Categoría:Xogadores do CA Lanús Categoría:Xogadores do Al Ain SSC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Club Tijuana Categoría:Xogadores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Xogadores do CA Tigre Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors