Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.

Traxectoria Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desde a súa fundación en 1991, así como da Fundación Plácido Castro do IGADI e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Participa en numerosas publicacións e revistas, tanto galegas como internacionais. Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais, e é membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares, membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega. É, tamén, director do Observatorio de la Política China e promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología. Dirixe o Informe Anual sobre Política China que se publica desde 2007, e desde o 2011, o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.

Premios En 2018 gañou o premio Cátedra Chinesa.

Obra Obras en galego Ensaio A conversión de Polonia, 1991, Edicións do Cumio. Galicia e a Sociedade das Nacións, 1992, Galaxia. ¿Que foi daquel soño?, 1992, Xerais. China, a próxima superpotencia, 1997, Laiovento. Hong Kong, camiño de volta, 1997, Laiovento. Plácido Castro, símbolo da universalidade do nacionalismo galego, 1997, Ir Indo. A China por dentro, 1998, Xerais. Lois Tobío, o diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo. Nós no Mundo. Unha política exterior para Galicia, 2010, Galaxia. A metamorfose do comunismo na China (2021). Faktoría. 432 páxs. ISBN 978-84-16721-80-1.

Tradución A arte da guerra, de Sun Tzu, 2013, Teófilo Edicións.

Obras colectivas O conflicto dos Balcáns: a ex-Iugoslavia, 1994, Ir Indo. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero. Pensar a democracia, 1994, Editorial Inquérito, (Lisboa). Rusia: das orixes á quebra dun modelo, 1996, Ir Indo. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero. Cuba, independencia e revolución, 1998, Edicións do Cumio. Con Carlos Méixome e Laudelino Pellitero. Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Sempre no mundo, 2001, IGADI. A acción exterior das CCAA españolas en América Latina: o caso de Galicia, 2002, Aieti. Plácido Castro, no centenario, 2002, IGADI. Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio. Galicia, un país no mundo: conmemoración cívica 70 aniversario do recoñecemento internacional de Galicia como unha nacionalidade. Lembranza de Plácido Castro, Vigo 18 de setembro 2003, 2004, Ediciós do Castro. Libro branco da acción exterior de Galicia, 2005, Xunta de Galicia. Congreso Plácido Castro no seu tempo, 2006, Xunta de Galicia. Galicia solidaria, 2009, Xerais. Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia. A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre. Ramón Lugrís. Sempre Galicia, sempre Europa, 2016, IGADI.

Edicións Nacións Unidas. Textos fundamentais, 1995, Xerais. Os dereitos da humanidade, 1998, Xerais. Unha escolma xornalística, de Plácido Castro, 2002, Ediciós do Castro. O perdurable legado de Fernando Pérez-Barreiro, 2015, Edicións do Cumio.

Obras en castelán Ensaio China: ¿superpotencia del siglo XXI?, 1997, Icaria. La política exterior de China, la diplomacia de una potencia emergente, 2005, Bellaterra. Taiwán, el problema de China, 2005, La Catarata. Mercado y control político en China, 2007, La Catarata. China de la A a la Z: diccionario general de expresiones chinas, 2008, Editorial Popular, Madrid. China en 88 preguntas, 2010, La Catarata. China pide paso, 2012, Icaria. China Moderna. Una inmersión rápida. 2016. Tibidabo.

Obras colectivas Las relaciones hispano-chinas. Historia y futuro, 2013, La Catarata. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1958 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega